RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Anquela laméntase por "non saber ler o partido"

Juan Antonio Anquela destacou en rolda de prensa que o Deportivo esta noite ante o CD Numancia "fixo o máis difícil. Xogamos 40 minutos da segunda parte a boa intensidade. Conseguimos darlle a volta ao marcador e logo o final foi caótico. Defendemos mal, demos posibilidades ao rival e aquí o que dá posibilidades, o rival aprovéitaas".

Recoñece que "nos está custando defender o balón parado e o que pasou é consecuencia da inseguridade que temos agora mesmo en calquera acción defensiva".

Nesta liña, reitera que "non soubemos pechar o partido. É moi fácil: ter a pelota arriba, xogar fácil e que se acabe. Non soubemos xogar ese fútbol que se require cando as cousas se poñen como se puxeron". "Fomos moi fráxiles e non soubemos ler o partido. A xente de arriba o único que ten que facer é ter o balón e darnos vida. Non podemos estar a defender coa angustia que temos agora mesmo en defensa. Non podemos basealo todo en defender. Hai que tela, aguantala, saber ler o partido e non soubemos", aclara.

Entende o enfado da afección: "A xente está enfadada con toda a razón. Eu tamén o estaría se fose espectador, porque hai que facer máis cousas. E podemos facelas".

Pola súa banda, Luis Miguel Carrión, técnico do CD Numancia, indica que "a primeira parte foi máis nosa. Tivemos máis ocasións de gol. Na segunda saímos durmidos. Marcáronnos de falta e córner en estratexia. E logo o equipo reaccionou ben ao final. Para estar contentos tal e como estaba o partido".