RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ao Dépor escápaselle un partido de ida e volta na Rosaleda (3-2)

O Dépor non foi capaz de pechar un bo partido e a remontada materializada e deixou escapar os 3 puntos ante o até hoxe pechacancelas de LaLiga Santander, o Málaga na Rosaleda (3-2 final). Rubén e Gerard foron as dúas principais novidades no once do Dépor, a primeira por un movemento do técnico branquiazul, a segunda para cubrir a baixa por lesión de Juanfran.

O Dépor xogou un partido moi metido no choque desde o inicio. A primeira chegada foi herculina, cun balón colgado desde a esquerda por Luisinho sen problemas ás mans de Roberto.

A resposta do Málaga chegou cun tiro do Chory, que se ía fóra, pero que serviu a Rubén para recuperar o contacto co balón en competición após a súa lesión, tirándose ben abaixo.

O primeiro achegamento con perigo tamén foi visitante ao lanzamento dunha falta colgada desde a dereita que a punto estivo Luís Hernández de meter en propia porta. Pouco despois tentouno Guilherme cun lanzamento cruzado no minuto 11.

O Málaga adiantouse no marcador ao saque dun córner, nun balón ao segundo pau no que Rosales se desmarcou para situarse só, controlar de peito e rematar ben ao segundo pau de volea entre unha maraña de pernas.

O Dépor non lle perdeu a cara ao partido e mantivo o control, mentres o Málaga tentábao en xogadas illadas, como o lanzamento de Peñaranda no 19 ás mans de Rubén.

No 21, unha boa parede entre Cartabia e Borges rematouna o arxentino pero o cruzamento do central forzou o primeiro córner para o Dépor. Á saída, o remate de Bakkali raso sacouno ben abaixo Roberto.

Foi o precedente doutra gran xogada colectiva pola dereita que acabou nun centro perfecto que Lucas rematou de cabeza na frontal de área pequena facendo imposible a estirada de Roberto e pondo as táboas no marcador. O primeiro gol de Lucas de cabeza facía xustiza ao que estaba a pasar no campo.

O partido continuou até o descanso polos mesmos camiños, chegadas puntuais e á contra do Málaga e xogo de ataque constante do Dépor con boas incorporacións por banda. Nunha o balón paseouse por diante da liña após un mal despexe de Hernández, na seguinte o remate de cabeza de Borges marchouse desviado.

A pesar desa tendencia na primeira parte, o Málaga tivo as dúas úlitmas antes do parón con dous boísimos disparos lixeiramente deviados cos remates de Rolón e Baysse.

Un parón no que Sidnei tivo que quedar no vestiario e deixar o seu sitio a Raúl Albentosa, que volvía deste xeito a xogar no que foi o seu estadio.

A primeira clara do segundo tempo tívoa o Málaga cun paradón de Rubén abaixo a tiro do Chory Castro.

O Dépor culminou a remontada nunha xogada espectacular de contragolpe. O balón recuperado por Schär saíu rápido cara á posición de Borges. Este buscou en profundidade a Lucas que driblou dentro de área. O seu disparo saíu rexeitado e quedou no punto de penalti ao que chegara acompañando a xogada o outro Lucas, Fabian Lucas Schär, que rematou a pracer pondo o 1-2 e estreándose como goleador co Dépor.

Os movementos de banco non tardaron en chegar, con dobre cambio no Málaga coa entrada de Ontiveros e Juanpi. A resposta de Cristóbal foi reforzar o centro do campo con Mosquera en lugar de Cartabia. Recen realizados eses movementos, chegou o empate do Málaga cunha vaselina de Ontiveros que empuxou sobre a liña de gol Chory, gañándolle a partida á zaga branquiazul.

O Málaga entrou no seu mellor momento de xogo, metendo atrás ao Dépor e tendo varias ocasións consecutivas pero sen remate a portería ou cortadas polo colexiado por situacións antirreglamentarias.

A dez minutos do final o Dépor tivo dúas boas oportunidades. A primeira nunha longa xogada de ataque, cun balón picado de Çolak para Mosquera que centrou sen atopar rematador en primeira instancia. A bóla quedou nos pés de Valverde que viu ben a chegada de Gerard que rematou contra a defensa. Na terceira consecutiva, Schär en xogada persoal rematou ben desde a frontal da área pero atopouse cun Roberto ben colocado.

O que non fallou foi o Málaga a cinco minutos do final. Unha boa asistencia entre liñas de Juanpi rematouna con calidade Borja Bastón ante a saída de Rubén.

Co 3-2, que o Deportivo non foi capaz de neutralizar no tramo final, o Málaga vólvese a enganchar á loita por eludir a zona de perigo, unha zona que os branquiazuis non conseguiu deixar, após o partido de hoxe, a unha distancia prudencial.

Málaga CF: Roberto, Rosales, Luis Hernández, Baysse, Juankar, Rolón (Juanpi, min. 57), Adrián, Keko (Ontiveros, min.57), Chory Castro, Rolan e Peñaranda (Borja Bastón, min. 64).

RC Deportivo: Rubén, Gerard Valentín, Schär, Sidnei (Albentosa, min. 46), Luisinho, Guilherme, Borges (Emre Çolak, min. 72), Fede Valverde, Bakkali, Fede Cartabia (Pedro Mosquera, min. 62) e Lucas.

Goles: 1-0 Rosales (min. 15); 1-1 Lucas (min. 23); 1-2 Schär (min. 52); 2-2 Chory Castro (min. 63) e 3-2 Borja Bastón (min. 84)

Árbitro: Martínez Munuera (C. Valenciano). Amoestou a Guilherme (min. 33), Peñaranda (min. 33), Rosales (min. 42), Fernando Navarro (min. 55), Juanpi (min. 63), Bakkali (min. 64), Luisinho (min. 87), Juankar (min. 88) e Emre Çolak (min. 90+1)

Incidencias: partido da 12ª xornada de LaLiga Santander disputado na Rosaleda ante 24.653 espectadores.