RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aprazada a devolución do importe das entradas do Dépor-Sporting

Co peche dos puntos de atención física aos deportivistas e a declaración do Estado de Alarma Nacional, a devolución do importe das entradas do partido Dépor-Sporting, que debía celebrarse o pasado sábado, prevista desde hoxe queda aprazada.

Cando se reactive a atención persoal aos Deportivistas procederase a activar tamén a devolución, unicamente na Oficina de Atención ao Deportivista e en efectivo, do importe das entradas vendidas para o Deportivo-Real Sporting. Chegado o momento anunciaranse tanto os prazos como os horarios de atención.

A única condición é conservar e entregar nese momento a entrada orixinal. Se o partido acábase disputando, as entradas non trocadas terán total validez para o acceso ao Estadio ABANCA-RIAZOR.

Mentres dure o Estado de Alarma a atención aos Deportivistas realizarase vía correo electronico en atencion.deportivista@rcdeportivo.es, accionistas@rcdeportivo.es ou vía telefónica, de luns a venres, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h., no 981 259 500.