RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aprazado o partido do Fabril ante o SD Silva por un positivo de COVID no filial branquiazul

O partido do Fabril en Abegondo ante o Silva SD, previsto para este domingo 24 ás 12:00 horas en Abegondo, foi suspendido por un caso positivo de COVID-19 no filial deportivista.

Informadas as autoridades sanitarias, esa persoa así como os seus contactos estreitos estarán en situación de illamento durante o próximos dez días.

Agora será o Xuíz de Competición o que estableza unha nova data para a celebración deste encontro correspondente á 14ª xornada no subgrupo A de Terceira División, "nunha nova data o máis próxima posible no tempo".

O filial deportivista marcha na quinta posición con 21 puntos, a cinco puntos da cabeza que ostenta o UD Somozas, líder con 26.