RCD / NOVAS

Arribas: "Fomos crecendo e estamos preparados para afrontar o partido"

16/08/2017 20:26

Alejandro Arribas compareceu esta mañá ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo, unha vez concluída a sesión matinal, primeira do día de hoxe mércores.

O central madrileño asegura que o Deportivo está "con moitas ganas" de arrincar LaLiga Santander este domingo 20 de agosto no Estadio ABANCA-RIAZOR (22:15 horas, Movistar Partidazo) ante o Real Madrid: "O equipo leva mes e medio preparándose para o inicio ligueiro contra o mellor rival posible. Con ganas de que empece a competición".

Advirte que "nos preparamos para facer fronte a un grandísimo rival e ir a por os puntos".

Quita importancia á ausencia na Coruña de Cristiano Ronaldo por sanción: "Se non xoga Cristiano está Asensio, Isco, o que sexa. Son todos dos mellores do mundo. Ten un equipo tan completo que aínda que falte un xogador, non se nota moito".

Sobre o papel da afección, cre Arribas que "a afección para nós é fundamental. Necesitamos todo o apoio posible, neste partido que é o inicio, a xente está ilusionada ante un rival moi bo. Necesitarémola moito máis".

Da pretemporada, queda o defensor branquiazul con que "fixemos bos partidos. Fomos crecendo aos poucos durante este mes e medio. Estamos preparados para afrontar o partido".

Aínda que si recoñece que poidan faltar algunhas pezas no equipo, "temos que afrontar o partido cos xogadores que temos. Creo que hai un gran equipo. A pelexar por todos os puntos posibles o domingo".

A piques de arrincar a Temporada 2017-2018, Arribas despexa o seu futuro: "Asinei ata 2019. Quédanme dous anos de contrato. Estou tranquilo, e moi contento aquí".

Máis novas de: ARRIBAS