RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

As deportivistas Malena, Tere, Lía e Nuria foron titulares con Galicia Sub-18 ante Murcia

- Foto: @Futgal -

As catro deportivistas convocadas pola Selección Galega Sub-18 (Malena, Tere, Lía e Nuria) foron titulares hoxe venres en Lezama ante Murcia na primeira xornada da Segunda Fase do Campionato de España da categoría.

A capitá do Deportivo Abanca Tere, autora de tres tantos, foi a gran protagonista da goleada perante as murcianas (5-0).

Mañá sábado, na segunda xornada de competición, a Selección Galega mídese ao País Vasco, nun partido no que é necesaria a vitoria para acceder á Fase Final.