RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

As Fundacións San Rafael e RC Deportivo suman esforzos para coidar ao equipo de LaLiga Genuine

A presidenta da Fundación San Rafael, Benigna da Peña, recibiu aos 28 futbolistas do Dépor de LaLiga Genuine 2018-2019 após realizar o seu recoñecemento médico no Hospital San Rafael.

Os membros do equipo acudiron ao centro hospitalario para recoller os resultados dos seus recoñecementos e foron recibidos pola presidenta do Hospital e da Fundación San Rafael que lles dirixiu unhas cariñosas palabras de benvida. Destacou que tanto o centro como a Fundación terán sempre as súas portas abertas para os membros do equipo, os impulsores desta iniciativa e a todos os colectivos en apoio das persoas con diversidade funcional.

Esta competición, que se iniciará en novembro en Tarragona, arrincou a pasada temporada 2017-2018. Nesta segunda edición, na que participarán 29 equipos, o Real Club Deportivo terá un protagonismo destacado, xa que será club anfitrión dunha do seis sedes na competición. Do 1 ao 3 de febreiro de 2019 os encontros disputaranse na Cidade Deportiva de Abegondo.

O equipo deportivista, formado coa colaboración de diversos colectivos de cooperación social e apoio á diversidade funcional, como a Fundación San Rafael, está dirixido por Pablo Barros, Lucía Otero, David Vidal, Carlos García, Alba Merino e Alicia Muñoz.