RCD / NOVAS

As Nosas amadriñan o nacemento da Santa Cruz CF Feminino

06/11/2019 09:38

Unha representación do Dépor ABANCA, encabezada por Iris Arnáiz e Cris Martínez, amadriñou o nacemento dun novo proxecto de fútbol feminino na Coruña. O equipo azulgrana da Santa Cruz CF puxo en marcha, a mediados do mes de setembro, o equipo feminino do Club que preside Eduardo García Pouse.

Polo momento, o proxecto que dirixe tecnicamente Alberto Prado conta con 20 xogadoras que adestran nas instalacións do campo Leonardo Maceiras de Dous Regos, onde onte recibiron a visita das dúas xogadoras do Dépor ABANCA e do responsable do equipo feminino branquiazul, Pablo Pereiro.