RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Auga de Parada, patrocinador de Mario Soriano para a Temporada 2021-2022

Os responsables de Auga de Parada visitaron esta mañá as instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo para entregar a súa camiseta para esta temporada co patrocinio persoal que lucirá durante toda a campaña a Mario Soriano. Auga de Parada é todo un referente histórico na cidade no mundo do equipamento para baños: cerámicas, pavimentos, mobiliario, accesorios, decoración, sanitarios e grifería, cunha boutique que definen como algo máis que un showroom e máis que un museo. Un espazo onde arroupar, asesorar e inspirar aos seus clientes na avenida das Mariñas, 227 de San Pedro de Nós (Oleiros).

Ademais de na elástica de xogo, a firma patrocinadora tamén aparecerá nas aliñacións dos partidos oficiais, tanto en redes sociais como en vídeomarcadores, na páxina do xogador na web do Club e no micrófono de sala de prensa durante as súas comparecencias. A estes soportes dixitais uniranse varias actividades co futbolista ao longo da temporada, tanto nas instalacións do propio patrocinador como nas do RC Deportivo. Os sponsors tamén terán a oportunidade de ser patrocinadores dun dos partidos da temporada en ABANCA-RIAZOR.

Todos os detalles deste novo patrocinio para as empresas que queiran completar a lista de patrocinadores dos Nosos nesta temporada 2021-2022 poden consultarse ao departamento comercial do Club en comercial@rcdeportivo.es.