RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Beauvue fíxase como único obxectivo "quedar en Segunda", algo "moi, moi, moi importante"

Claudio Beauvue pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

Estas foron algunhas das frases do dianteiro deportivista.

Repartición de máscaras personalizadas a tres ONG da cidade e a afeccionados

"Foi unha idea de axudar nestes momentos á poboación. Facía tempo que falei coa miña xente para buscar unha empresa para facelas. Logo puxemos o meu logo coa frase 'Xuntos Podemos' para que houbese un pouco de Galicia nas miñas máscaras".

"Atopamos estas ONGs para doalas e que teñan estas máscaras que fan falta para moita xente".

"Son un tío de pobo. Vivín moitas cousas boas pero sei de onde veño. Son da illa de Guadalupe. Non tiven moitas cousas na vida cando era pequeno, como moita xente. A miña infancia foi feliz pero tampouco con moitas cousas. E a miña forma de ser e a educación dos meus pais foron de axudar cando podes. Dáme igual o que a xente diga. Fágoo de corazón. Na corentena subía vídeos e enfadábame dicíndolles que quedasen en casa. Agora que se pode saír gustaríame dar as máscaras en man. Aínda non se pode facer pero a miña idea era esa; e que os meus nenos alá en Madrid aprendan do seu pai neste momento".

Novo fútbol en Alemaña

"Non nos gusta xogar así, sen público pero é unha situación que nunca vivimos. Temos que adaptarnos e xogar a este fútbol. Non imos estar a tope fisicamente, non vai ser un fútbol moi marabilloso porque sabemos que necesitamos en tempos normais máis tempo, amigables... E cos afeccionados o fútbol cambia. Debemos actuar para acabar a liga. Estamos felices de volver traballar e poder darlle á xente un pouquiño de ilusión nestes momentos difíciles".

De cero todos os xogadores

"O míster é o que decide. Persoalmente cada xogador debe ser autocrítico ou pensar en positivo e pensar que todos estamos a cero. A nós tócanos traballar e nada máis".

Estado físico

"Estou morto (entre risas). O míster e Manuel Pombo fannos traballar moitísimo. É certo que eu na miña casa metía moita caña pero non é o mesmo cando volves ao campo. Estamos a traballar duro pero atópome ben, canso pero ben".

Cifra de goles nos 11 partidos

"Non me poño límite. Poño por diante que o Dépor se manteña. Logo individualmente xa veremos; pero que o Dépor se manteña é moi, moi importante".

Rotacións con partidos cada 3 días

"Non o sei. Hai que preguntarlle ao míster. Temos que estar listos e o míster elixe, como sempre".

Papel do Dépor na recta final

"O papel do Dépor é quedar en Segunda, nin máis nin menos".

Optimismo de Richard Barral sobre perder algún partido nestes 11

"Posmo difícil Richard (entre risas). Quérote moito pero... Son as súas palabras e a súa opinión. Imos ver. O importante é que ao final nos quedemos en Segunda".

Mellor cadro entre os equipos que pelexan pola salvación

"É o grupo, o equipo, a harmonía que tes entre cada un, colocar moitos xogadores que parecen estupendos pero se non mesturan, non vai. Tranquilidade, estamos a traballar ben, temos un grupo bo. Con esta corentena e estas 3 ou 4 semanas que temos para adestrar serviu para coñecemos un pouco e oxalá se note nos partidos".

Rol de Beauvue no equipo

"De momento non tiven moito tempo para máis. Foi moi rápido todo, a miña chegada, a corentena. Estou moi contento no Club, con toda a xente de ao redor, cos meus compañeiros. Oxalá que ao final de liga e a temporada que vén poida falar un pouco máis sobre isto".

ABANCA-RIAZOR sen público

"Imos botar de menos aos afeccionados, está clarísimo. Pero é unha situación que é como é. Teremos que facer un traballo para iso".

Poucas vitorias locais na Bundesliga

"É unha análise que vemos en Alemaña. Aínda non empezamos aquí e veremos como vai".

Adestramentos duros?

"Está a ser moi duro, pero ben".

Situación de Sisto, ex compañeiro no RC Celta

"Acabouse de falar do Celta. Moitas grazas".

A Coruña vs Vigo

"Encántame o Dépor e o pouco que vin da Coruña estou contento, moi a gusto. Xa veremos cando pase o coronavirus e que esteamos en Segunda para gozar da cidade".