RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Bodipo: Estou moi ilusionado con chegar ao Deportivo

Rodolfo Bodipo (Sevilla, 25-10-77) foi presentado esta tarde na Sede Social da Praza de Pontevedra como novo xogador do Deportivo. Asinou por cinco tempadas con dúas máis opcionais. A súa cláusula de rescisión son 90 millóns de euros e o custo do trasp

O Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, deu a benvida ao xogador e desexoulle moita sorte na súa nova etapa profesional.
Pola súa banda, Bodipo recoñeceu que perdoou unha cantidade de diñeiro ao Arabés para poder ser traspasado ao Deportivo. Di sentirse "moi ilusionado" con xogar ás ordes de Caparrós, un técnico "ao que lle gusta a xente con ganas". O ariete andaluz evitou prometer un número de goles e tivo un desexo para Valerón: "É un xogador ao que admiro. Oxalá que lle respecten as lesións porque é moi importante para nós que estea toda a tempada".