RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borges: "A única maneira de sacar isto é todos xuntos"

Celso Borges subliñou na sala de prensa de Abegondo que a conclusión que extraeu o cadro despois da reunión mantida onte no vestiario é que "a única maneira de sacar isto é todos xuntos. Ao final necesitamos de todos, que esteamos ben. Manter unha mentalidade moi pro-unión e a pesar de que veñan tempos difíciles, hai que loitar todos xuntos".

Confesa que o domingo e o luns "foron días difíciles. Pero isto ao final trátase do último que se renda. É un palazo, doeunos. Pero hai que seguir traballando, sae o sol".

O mediocentro deportivista recalca que após a dura derrota do Santiago Bernabéu, "chegas a casa mal. Aquí trátase de non renderse, por máis golpes que che deas, vir o outro día a adestrar e tratar de facelo ben e mellorar no que poidas. Sei que é complicado. Sei que a xente tivo moita paciencia. Agora mesmo hai que chamar á unión, como sempre fixemos".

Ve a Cristóbal Parralo "ben, e con moitos ánimos de sacar a situación adiante. Confiando nas nosas capacidades e en que podamos saír disto todos xuntos".

Do partido deste sábado 27 de xaneiro no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Levante (13:00 horas, Bein LaLiga), lembra o capitán deportivista que "é xente coa que temos unha rivalidade directa esta campaña. Sendo na casa é importante gañar e sobre todo para saír dunha situación á que ninguén lle gusta estar".

Insiste en que "sabemos da importancia deste sábado. Moralmente (un triunfo) daríanos moito. Veñen unha serie de partidos que son importantes para nós".

Destaca do conxunto granota que é un equipo que "defensivamente, coa liña de 5 que ten, son bastante ofensivos dentro da súa orde defensiva. Hai que ter unha tensión especial cando imos ao ataque, como estamos situados, para evitar transicións rápidas. Desde aí vexo un partido bastante parello e disputado".

Á afección, cre que "hai pouco que dicir. A xente quere que nós gañemos e que sexamos un equipo do cal eles síntanse orgullosos. E é noso deber facelo así. Se non o fixemos así, é polas situacións do fútbol".

Preguntado por Maksym Koval e Eneko Bóveda, as dúas incorporacións neste mercado de inverno, apunta Celso Borges que "veñen integrarse rapidamente. Do porteiro, que é o que vin nos adestramentos, é un porteiro rápido, xa depende da decisión do adestrador, e polo menos adestra ao nivel dos outros. De Bóveda xa o coñecedes, paréceme que é un bo xogador, moi intenso. Vén con esa predisposición a axudar".