RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borges: "Aquí imos todos para o mesmo lado, remamos todos na mesma dirección"

Celso Borges subliñou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que a charla mantida esta mañá no vestiario de Abegondo do cadro ao completo co Presidente Tino Fernández xera "positivismo. Estamos todos aquí na mesma galleta. Aquí imos todos para o mesmo lado, remamos cara á mesma dirección. Non foi nin rifa nin nada. Foi unha mensaxe positiva del, da Directiva, da xente que non está no campo, de incentivarnos se cabe máis".

Tamén tivo palabras para Gaizka Garitano: "El sabe que ten o respaldo todos nós. Aquí defendémolo a matar. Véxoo igual de tenaz, igual de traballador, como sempre. Esperando nós poder apoialo cun triunfo".

Do encontro deste sábado 25 de febreiro en Leganés (18:30, Bein Sports), apunta Borges que "todos os partidos de agora en diante collen unha importancia significativa. Hai que facerlle fronte, é a nosa realidade. O que é de merecer acabouse. É a nosa posición na táboa a que di realmente como temos que saír desta. Sexa Leganés, sexa Atlético de Madrid, sexa Betis o que veña, ilo tomando partido a partido. Que sexa unha final, que o vexamos así, que xoguemos coas mesmas ganas e o mesmo ímpeto que sempre. Agora a plasmar ese bo xogo nun bo resultado".

Non establece paralelismos desta temporada coas dúas últimas, nas que o equipo certificou a permanencia nas últimas xornadas: "É un tanto diferente. Déronse situacións moi atípicas en canto aos partidos. Eu mesmo sorpréndome que con todo o traballo que realizamos, co bo ambiente que hai dentro do equipo pasen estas cousas. É difícil de asimilar. Pero a madurez vai ditando que hai que estar preparados para os dous momentos, cando estean ben as cousas e cando estean mal. Isto vaise a tratar de quen está mellor mentalmente, dunha maneira colectiva. Isto vai ser determinante".

A nivel particular, confesou que a súa escordadura no nocello dereito "vai mellor de como o tiña. Agora mesmo é complicado dicir para cando. Pero eu mantéñome sempre moi optimista. Vai mellor. É verdade".

Segundo apunta o propio internacional costarriqueño, mañá venres "vou facer unha pequena proba co readaptador, con Fran (Molano) e de aí facemos a valoración".