RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borges: "O Deportivo non sería grande se non fora pola súa afección"

Celso Borges, que se uniu esta mañá á xente mariñeira, manifestou aos medios de comunicación na OAD (Oficina de Atención ao Deportivista) que "nos tres anos que levo aquí síntome moi identificado o Club, coa súa historia".

Aos afeccionados branquiazuis, mándalles esta mensaxe: "O Deportivo non sería grande se non fora pola súa afección. É unha maneira moi concreta de estar a axudar ao Club da cidade. Que veñan e que formen parte disto".

Plantéxase o centrocampista deportivista nesta campaña "mellorar sempre o da temporada pasada. Creo que é posible. Pódese facer. Oxalá podamos vivir unha temporada onde esteamos máis tranquilos e podamos conseguir o noso primeiro obxectivo rápido".

Cre que o Club está a construír un equipo "potente. As incorporacións que chegaron son bastante boas. A xente que levamos acá tempo coñecémonos bastante".

Precisamente na súa posición, a de mediocentro, hai unha dura competencia, co concurso de futbolistas como Pedro Mosquera, Guilherme, Valverde...: "Como todos os anos. Paréceme súper saudable, moi bo. O mellor para o Deportivo".

Apunta un dos veteranos no vestiario que "os que levamos aquí un tempo no Club e os que levamos un tempo no fútbol o que podamos achegar con experiencia, distinguindo moito situacións xa de anos pasados, mellor para que se poidan tomar decisións moito máis acertadas. Ese será o noso papel".

En canto á capitanía, Celso Borges lembrou que "o decide o míster. Calquera decisión que tome será respectada".

Preguntado por Fede Valverde, confesou non velo xogar con anterioridade. Por estes días que leva na Coruña, o internacional costarriqueño puido comprobar que "ten moitísimo potencial. Despois pregunteille a idade. Díxome 18 e non mo podía crer. Vén aquí a achegar. É un raparigo que sabe moi ben o que vén facer aquí. É moi traballador e involucrámolo moi ben".