RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Galán e Derik reciben o visto e prace dos Servizos Médicos para o partido en Salamanca

Borja Galán e Derik completaron esta mañá con normalidade unha nova sesión de adestramento e, a falta da sesión de mañá sábado, recibiron o visto e prace dos Servizos Médicos do Club para o partido deste domingo no Estadio Helmántico ante o Salamanca CF UDS (16:00 horas, Footters).

Na sesión de hoxe, no campo 2, Rubén de la Barrera rebaixou a carga física e dedicou boa parte da sesión a tarefas tácticas.

Realizaron hoxe un adestramento específico Uche, Keko, Bóveda, Claudio Beauvue, Héctor, Miku e Rolan.

E por outra banda, os canteiráns Adri Castro, Juan Rodríguez, Javi Sanmartín, Guille Bueno, Barba e Iván Guerrero estiveron hoxe co primeiro equipo. Rubén de la Barrera, en rolda de prensa, afirmou sobre eles que "non me gustaría distinguir entre xogadores de Deportivo, de Fabril... Aquí somos todos do mesmo. Todos somos xogadores do Dépor. Os que están a ter participación nos adestramentos agora tómanllo como llo teñen que tomar. Non os quero para encher ou para buscar un número de xogadores para poder adestrar. Quéroos aquí para que sexan xente de grupo, de equipo, dese momento. Tentar axudalos e que eles vaian mellorando e desenvolvendo as súas capacidades e rendementos para que no momento que lles toque competir fágano sen ningún problema".

Mañá sábado 16 de xaneiro, o Dépor adestrarase ás 10:30 en Abegondo. Ao finalizar, Rubén de la Barrera dará a lista de convocados que pola tarde, ás 15:30, desprazaranse por estrada a Salamanca.