RCD / NOVAS

Borja Jiménez: É difícil de explicar que perdésemos este partido

09/10/2021 20:00

Borja Jiménez sinalou na sala de prensa do Stadium Gal de Irún que “hoxe nos penalizaron en exceso dúas situacións concretas nos primeiros minutos; e logo quizais algo de precipitación no gol, que é un balón frontal. Non puiden contabilizar todas as situacións claras de gol. É difícil de entender como perdemos hoxe. Está claro que a nivel defensivo cometemos dúas situacións que nos condenan, pero a nivel ofensivo o volume do equipo hoxe foi o día que máis e tivemos só a capacidade de facer un gol".

O técnico deportivista queda con "o traballo dos rapaces. É momento de seguir insistindo. Non creo que podamos perder moitos partidos con tanto volume de ocasións. Dominamos. Non coñezo os datos, pero cando aparezan os datos sería algo irresistible. Pero o fútbol é isto: podes chegar 43 veces a porta e facer un gol e que che cheguen dous e fáganche dous. A seguir mellorando para que cando cheguen non nolo fagan".

Opina que o segundo tanto local, que chegou pouco despois do empate de Noel, "é máis un erro de concepción de xogo. Non podemos ter a pelota dentro e volver metela dentro porque pode existir o erro. Estabamos por fóra con Víctor e Willy, aquí con Héctor e Mario moi ben, xerando moitas situacións próximas á área, pero claro, con 1-1 o equipo ten que buscar o 1-2 e con 1-2 o 1-3 porque é a filosofía que teño de entender isto e ten que ser así sempre. Os equipos campións fanse por mor de querer gañar cada partido cando vaias empatando e cando vaias perdendo. Hoxe penalizounos en exceso que só houbo dous tiros a porta en todo o partido e fixéronnos dous goles. É fodido de explicar, é fodido de explicar a #ANOSAFORZA que vimos de tres partidos cun punto. É entendible todo o que nos poidan dicir, pero a nivel futbolístico aos xogadores podémoslles reprochar dúas accións en concreto en 90 minutos, que creo que será o día que menos se equivocaron a nivel defensivo, o que pasa que hoxe nos penalizou unha barbaridade. Hai que seguir, seguir, traballar e xerar tantas como hoxe".

Conta que o vestiario "cando non gana está fodido porque é normal, por ese xene competitivo que queremos que teña o equipo e cada día que non sexamos capaces de gañar, igual que o outro día empatando en ABANCA-RIAZOR no último minuto, o equipo está amolado. É momento de pechar filas en canto a seguir traballando, mellorar, puír os erros. Xa o sabiamos ao principio que non ía ser tan fácil nin agora vai ser tan difícil. Creo que temos algún punto menos dos que nos merecemos, por non dicir bastantes".

Admite Borja Jiménez que "fixemos un de nove, pero preocuparíame que o equipo tivese dúbidas, que non xerase todo o que xerou hoxe. Non creo que dentro do noso núcleo, de onde estamos no día a día, vaia a haber ningunha dúbida porque é a maneira que a min me funcionou até agora e que nos vai a servir para conseguir o obxectivo. Podería dicir que hoxe teño moitas menos dúbidas que despois dos doce de doce; porque vin ao equipo despois do pau do outro día, de que nos empaten na última acción, moi dominador, moi superior. Díxomo o míster ao terminar o partido".

Insiste unha e outra vez que "é difícil de explicar que perdésemos este partido. É fodido pero é así. Perdemos e a semana que vén hai que mellorar para que o que hoxe nos fixo dano a semana que vén".

Iso si, apunta que "#ANOSAFORZA ten todo o dereito a dicirnos o que pensa en cada momento. Sempre o dixen cando iamos gañando: cando nos vaia ben é máis fácil e cando nos vaia mal temos unha afección que é cando máis nos vai a arroupar. Temos que aceptar todo o que nos digan para ben e para mal porque a nosa profesión é así. Pero internamente, a min o que me preocupaba, agora cando falei cos xogadores un minuto, é dicirlles o ben que fixeron moitas cousas. É momento de analizar o porqué chegamos 40 veces preto á área pequena e fixemos un gol. O seu porteiro estivo a un moi bo nivel. Houbo algo de mala fortuna... É complicado explicar. A pensar no próximo partido do sábado. Seguro que #ANOSAFORZA ten moitas ganas de volver ir a ABANCA-RIAZOR, e gañaremos seguro".

O adestrador branquiazul non ve paralelismos entre a derrota de hoxe e a de Unionistas de Salamanca, ambas as dúas con idéntico resultado: "Hoxe case todo o partido atopámonos un equipo moi próximo á súa área, pero en Salamanca non tivemos situacións de gol e hoxe a segunda parte foi constantemente un tiro, pegaba nun, parábaa o porteiro, caíanos o rebote, outro rexeite, ocasións claras de Víctor, lembro moitísimas... Hoxe si que tivemos esa profundidade que nos faltou en Salamanca, por iso sempre digo que o equipo estivo moito mellor que en Salamanca e que as cousas que en Salamanca non fixemos, hoxe fixemos. Por iso achegámonos máis, moitísimo máis á vitoria".

Máis novas de: BORJA JIMÉNEZ