RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Valle: "Isto é fútbol. Todo pode cambiar, todo pode pasar. Hai que crer até o último minuto, até o último segundo"

Borja Valle cualificou en rolda de prensa a vitoria do pasado luns en ABANCA-RIAZOR ante o Real Mallorca como "necesitada e vital. Un punto de inflexión. Para os 3 partidos que quedaban era gañar si ou si. Conseguiuse no último minuto, na última xogada, da forma que se consegue. Todo vale. Ao final, moi, moi felices".

O atacante deportivista manifestou que Paco Zas ten "todo o noso apoio e confianza. Esperemos que salga todo ben con este novo Presidente. Desexarlle a mellor das sortes con acerto e agradecerlle todo o que fixo por este Club. A partir de agora quédannos dous partidos, dous finais. Centrarnos no partido de Elxe, que non podemos pensar noutra cousa".

Respecto doutros equipos metidos tamén na pelexa polo playoff, apunta Borja que "non vale de nada saber o que fixo o Cádiz, o Mallorca, e se empatou ou gañou o Málaga. Temos que pensar en nós. O único obxectivo que temos na cabeza é gañar en Elxe. Todo pasa por nós. Se non gañamos, dános igual o que fagan os demais. É o momento clave de pensar en nós, de pensar única e exclusivamente no partido de Elxe".

Advirte que "isto é fútbol. Todo pode cambiar, todo pode pasar. Hai que crer até o último minuto, até o último segundo. Todo pasa por gañar. Nós imos pensar en nós, en gañar, en facer o noso partido, en conseguir os 3 puntos. E logo cada un co seu resultado, fará o que teña que facer".

Precisamente do Elche CF, rival este domingo 2 de xuño no Estadio Martínez Valero (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV), Borja Valle quixo en primeiro lugar "darlle o parabén pola temporada que fixo. Que cheguen a estas alturas non xogándose nada é algo moi positivo. E dános igual o que se xoguen os demais rivais. Temos que pensar no que nos xogamos nós. O noso obxectivo é moi bonito e ambicioso como para pensar no que se xoguen ou non os rivais. Temos que saír a gañar sexa onde sexa e xóguese o que se xogue", insiste unha e outra vez.

Preguntado por Iñigo López, o futbolista berciano quixo recalcar que "ten todo o apoio do cadro. É un tema complicado e difícil do que non queremos falar".

Lamentouse finalmente da lesión de Quique González: "Cando fáltache o máximo goleador do equipo, fáltache algo. É un rapaz que fixo unha temporada magnífica, que rendeu a un nivel moi moi alto. A nivel de goles é o maior referente do Deportivo este ano. Este Deportivo está feito para isto, para cando pasen estes incidentes, haxa un xogador que sáeche ao campo e fágao igual".