RCD / NOVAS

Borja Valle lembra que isto "é a maxia do fútbol" e para Koné é "impresionante" ABANCA-RIAZOR

18/08/2019 21:15

Borja Valle e Mamadou Koné foron os protagonistas na zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O dianteiro berciano apunta que "a maxia do fútbol é isto. En calquera xogada, calquera compañeiro fai o 3-2. Vas a casa contento e canso porque o desgaste foi grande. O partido foi moi complicado porque o Oviedo é un equipo moi intenso. Felices".

Cualifica de "importante" o triunfo, "non polo que pasou o ano pasado, que está esquecido. Agora a pensar neste novo ano. É unha etapa nova, obxectivos novos. É crear unha identidade, uns automatismos, é empezar gañando contra un Oviedo, e a forma na que ganas. É todo positivo, vólveche a facer forte, a darte conta que a Segunda División é moi complicada".

Pola súa banda, Koné, autor do primeiro gol do encontro, resalta o ambiente de ABANCA-RIAZOR: "O campo é impresionante e hoxe demostrouse até cando iamos empatados. A afección non deixou de apertar e axudáronnos a conseguir a vitoria".

Recoñeceu que o equipo chegou aos minutos finais "moi cansos. Viamos o partido moi difícil. O cambio de Christian deunos máis forza. Co golazo que mete estamos todos contentos".

Máis novas de: MAMADOU KONÉ, BORJA VALLE