RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Bóveda destaca que o Dépor "está na pelexa" e Edu Expósito subliña a intensidade do equipo hoxe

Eneko Bóveda e Edu Expósito foron os protagonistas na zona mixta do Estadio ABANCA-RIAZOR.

O defensor vasco, un dos capitáns do equipo, confesou que "un vai vendo a clasificación e igual era a primeira vez que había a tentación de sufrir eses nervios, esa urxencia por gañar porque ves que hai equipos enrachados, que se podían descolgar. Aí estamos, na pelexa, sabendo que isto é longo pero con ganas de pegarlle outra dentada a semana que vén".

Ante as queixas de Lucas Alcaraz na sala de prensa polos goles en fóra de xogo do Dépor, Eneko Bóveda opina que "é mala sorte para o Zaragoza e boa sorte para nós. Durante o ano vanse compensando os erros. Non hai que queixarse moito cando se che dá en contra porque ao final una por outra vaise compensando, porque non se fai con mala intención".

Pola súa banda, Edu Expósito destacou que o Deportivo asinou un partido "moi bo. A intensidade foi a adecuada para o partido de hoxe".

Subliña que "se está apertando todo arriba. Era importante gañar hoxe. Agora temos un partido moi complicado en Cádiz e hai que seguir sumando".

O canteirán deportivista mostrouse ademais moi contento porque "me atopo moi ben no equipo. As sensacións son boas; e a seguir así".