RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Bóveda e Krohn-Dehli, novidades na lista do Dépor para o partido en Almería

Ao finalizar o adestramento desta mañá no campo 2 de Abegondo, Natxo González citou a 19 futbolistas para o partido de mañá luns 19 de novembro no Estadio dos Xogos Mediterráneos de Almería (21:00 horas, GOL e LaLiga 1|2|3 TV), correspondente á 14ª xornada en LaLiga 1|2|3.

Regresan Krohn-Dehli e Eneko Bóveda a unha citación da que caen de maneira forzosa Carlos Fernández, concentrado coa selección española sub-21; ademais de Borja Valle, sancionado; Pedro Sánchez, aínda sen alta médica; e Dubarbier, lesionado.

Na sesión de hoxe, após un quecemento e un exercicio de centros e remates, o técnico deportivista dispuxo un partido ao ancho do campo 2, de alta intensidade; e, para concluír, repaso de accións de estratexia.

Os convocados poñen rumbo este mediodía a Almería, segundo este plan de viaxe:

Domingo 18 de novembro
14:35: Saída do voo de Santiago con destino ao Aeroporto de Málaga
16:05: Chegada aproximada ao Aeroporto de Málaga e traslado en autocar a Almería
18:30: Chegada aproximada a Almería e aloxamento no hotel NH Almería

Luns 19 de novembro
21:00: Almería - Deportivo, no Estadio dos Juegos Mediterráneos

Martes 20 de novembro
10:00 (pendente de confirmación): Adestramento en Almería
17:30: Saída do voo do Aeroporto de Málaga con destino ao Aeroporto de Madrid - Barajas
19:40: Saída do voo do Aeroporto de Madrid-Barajas con destino ao Aeroporto da Coruña
20:40: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña