RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carlos Fernández entra na lista de convocados para recibir mañá ao Albacete Balompé

Carlos Fernández recibiu esta mañá a alta médica e entrou na lista de 19 futbolistas convocados para recibir mañá domingo 20 de xaneiro en ABANCA-RIAZOR ao Albacete Balompié (18:00 horas, Movistar Partidazo), en partido correspondente á 22ª xornada en LaLiga 1|2|3.

Quedan fóra da convocatoria de maneira obrigatoria os lesionados Krohn-Dehli e Pedro Sánchez.

Esta mañá, tamén co fabrilista Víctor, Natxo González dispuxo un quecemento, un exercicio de remates a porta, un traballo táctico cun partido e, para concluír, repaso ás accións a balón parado.

Os convocados concéntranse mañá domingo ás 10:00 no Hotel Meliá María Pita, á espera do partido.

Após o choque ante o Albacete, todo o cadro está citada de novo en Abegondo o luns 21 de xaneiro ás 11:00 horas.