RCD / NOVAS

Carlota Sánchez, citada para adestrar coa selección española sub-19

11/02/2020 17:30

A futbolista do Deportivo ABANCA B, Carlota Sánchez, está convocada para uns adestramentos coa selección española sub-19, que terán lugar do próximo luns 17 ao mércores 19 na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

A xogadora coruñesa, que toma o testemuño das súas compañeiras no primeiro equipo Teresa Abelleira, Nuria Rábano ou María Méndez, non terá competición co Deportivo ABANCA B, con parón ligueiro até o vindeiro domingo 1 de marzo.

Ademais de Carlota, outras canteirás branquiazuis habituais nas convocatorias das categorías inferiores da selección española son Sara Álvarez ou Nuria Torres.