RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carmelo del Pozo: "No Club hai unión, fortaleza e convicción de que se vai a sacar adiante esta temporada"

Trala presentación de Vítor Silva, Carmelo del Pozo, Director Deportivo do Club, atendeu aos medios de comunicación na sala de prensa de Abegondo.

Estas foron algunhas das súas frases.

Situación actual e ascenso directo
"O normal é que durante a temporada tan larga en Segunda os equipos teñamos os nosos momentos bos e os nosos momentos complicados. A clave é demostrar fortaleza nestes momentos difíciles. É un momento no que todos temos que ver a verdadeira cara de todos os que estamos a participar neste proxecto. É o momento no que todos temos que dar un paso adiante e saír adiante destas complicacións".

Preocupación no Club
"No Club, e cando digo Club é Consello de Administración, Dirección Deportiva, adestrador, corpo técnico e xogadores, hai unión, fortaleza e convicción de que se vai a sacar adiante esta temporada. Nos momentos malos é cando se ve a verdadeira fortaleza de todos nós".

Causas
"A temporada é tan sumamente igualada que hai momentos da temporada nos que no canto de sumar de 3 en 3 non consegues eses resultados positivos".

"Cando nós fomos a Granada, levaba 5 xornadas coa puntuación moi mala. Perdeu connosco e acabou nunha situación clasificatoria que era 4º ou 5º tamén. O que hai que demostrar é esa fortaleza. Cortalo canto antes sexa posible e tirar para adiante. Queda moitísima liga. Queda tanta liga que todos seguramente volveremos fallar. Todos. O que demostre fortaleza e sexa capaz de ser máis regular, será o que ao final consiga mellores resultados".

Mala serie en ABANCA-RIAZOR
"Ao principio de liga tíñanse dúbidas sobre os resultados fóra. Agora en casa. É verdade que nestes 3 ou 4 últimos partidos en ABANCA-RIAZOR non tivemos resultados. Tamén en moitos destes partidos estivemos máis preto de gañar que de perder. Se analizas partidos como o do CD Lugo, Nàstic, AD Alcorcón a sensación que tiña o equipo é que podía gañar, que fixo moito máis para gañar. Nestes partidos hai momentos nos que poidas perder, como pasouche o outro día de Las Palmas. Nun partido, os dous equipos teñen posibilidades de gañar e de perder. A xente cre que ás veces os partidos que ten que xogar o Dépor, tenos que gañar si, si, si. O rival ten as súas armas, como as teñen todos".

"Segundo van pasando as xornadas, hai moita máis tensión, moita máis ansiedade. Iso transmítese a calquera persoa do propio Club. Os xogadores son persoas, son humanos. Esa sensación de presión, de esixencia, aparécelles. Hai que tentar abstraerse desa obsesión xenérica a longo prazo e ir a obxectivos moito máis curtos, do día a día, do partido concreto. E ser competitivos para conseguir eses resultados positivos rapidamente".

Natxo González
"Todas as semanas entro e converso co Consello para dar unha visión deportiva sobre calquera situación que apareza durante toda a semana, de calquera aspecto do Club. Nunca detectei o máis mínimo indicio de dúbida sobre el".

"Non houbo ningunha dúbida respecto da situación do adestrador nin dos xogadores nin de ninguén".

"Pase o que pase ante a UD Almería, Natxo vai seguir".

Vítor Silva
"Neste tramo que tivemos de 2 ou 3 lesións nun posto moi concreto, a situación fíxonos valorar as distintas opcións que existían. Michael Krohn-Dehli tiña unha situación médica un pouco complicada nese momento. Entendemos que había varias opcións. Se fóra de longa duración tomariamos unha decisión. E outra de máis curta duración, outro camiño. A aparición de Vítor, que era un xogador que xa se coñecía da época de decembro, era ver un pouco o seu estado físico, a súa situación concreta do que nos podía achegar. É un xogador que nesa liña de tres cuartos pode aparecer en diferentes posicións: como medio de chegada, mediapunta ou en banda para meterse para dentro. Esa posibilidade existía e entendendo que temos a posibilidade económica e numérica de incorporar a un xogador, era unha boa posibilidade".

Sanción de Edu Expósito
"O Club está un pouco sorprendido respecto de determinadas decisións arbitrais ou dos Comités. Respectámolas pero non as compartimos. En temas numéricos é un pouco sorprendente nun equipo como o Deportivo os números que levan nas faltas que realiza, as faltas que recibe, a penalización en expulsións que ten".

Carlos Fernández
"É unha lesión repetida. Non son moitas lesións. Non ten nada que ver as lesións do ano anterior coa lesión que tivo, por desgraza para nós, con dúas recaídas. Tense que ter un pouco de calma porque se tivo esa recaída dúas veces, hase de evitar que volva recaer. Primeiro polo propio xogador. É importante para el que se senta con seguridade e con confianza".

"Carlos era e é un xogador moi importante na configuración do equipo en Segunda. Cando se trouxo a xente dicía 'é que só vén cedido'. A miña opinión foi sempre que podiamos gozar dun xogador de Primeira connosco en Segunda. Se o puidemos gozar e agora non o tivemos, ao equipo penalízao. Pero tamén houbo situacións diferentes de varios xogadores que se han ir unindo. Cando un equipo ten un cadro ao 100 %, a competencia aumenta, o nivel de esixencia é bo e o rendemento é maior. Cando non tes variantes, no tema de ataque pasounos con Carlos, o equipo debilítase. Tivemos esta situación con Carlos e o que tentamos é que canto antes, e no mellor momento que estea, poida volver reaparecer".

Gran xeira de vitorias
"Non tivo esa gran xeira de vitorias seguidas pero si tivo regularidade. O equipo é o máximo goleador, o segundo que menos encaixa, entre os 2 ou 3 mellores de fóra de ABANCA-RIAZOR. Númericamente hai cousas importantes. Hai que esixirlle máis e gustaríanos esa xeira de vitorias seguidas. Esas xeiras son moi difíciles de conseguir. Conseguiunas o Cádiz e volvéuselle a cortar, o Osasuna imos ver se a mantén ou non. En Segunda non é fácil. O equipo que o consegue dá un salto na clasificación como lle pasou a estes dous últimos equipos agora mesmo. Oxalá nos pase a nós a favor".

Ascenso directo ou promoción
"O ano pasado o Huesca sacaba 10 puntos ao Sporting e despois adiantoulle o Sporting. É un problema de nós. É importante pensar en nós. Se non sumamos, de que nos vale que nos saquen 7, 6, 5, 3, 2... A importancia está no noso equipo. A fortaleza é que o noso equipo sexa capaz de ser un equipo seguro, solvente, fiable, regular. E sobre todo ter unha confianza neste equipo. Houbo momentos da temporada en que o equipo demostrou xerarquía, capacidade de estar aí arriba. En ABANCA-RIAZOR en principio á xente dáballe sensación de seguridade. Había certas dúbidas fóra. Logo fóra colleu unha xeira que daba certa seguridade".

"É un equipo que se dá o que ten que dar, non hai que ter dúbidas sobre el. Se logo dás iso, e os demais dan máis e ascenden, pois parabén para eles. Se pero ti non o dás, de que vale mirar a clasificación dos demais".

Versión futbolística do Dépor para chegar a Primeira
"A min o que me interesa é gañar. Xerando 8 ocasións de gol é máis fácil que xerando 2. Se estamos na competición como estamos agora, xeramos 2 e gañamos, estaremos todos contentos. A xente o que lle gusta é que o equipo gañe. Se ti fas unha versión máis gris pero práctica e ganas, a xente dirá 'o equipo foi serio, solvente...' Se ti xeras 8 e non ganas, dirá 'si, si, moito, moito pero non gañaches'. O Nàstic case gáñache nunha acción puntual. Tamén podes dicir que despois do 1-1 e desa ocasión tan clara do Nàstic, tiveches unha que pegaches no traveseiro, e que ninguén lembra".

"Xogando ben, xerando ben e dándolle máis confianza ao equipo estará máis preto de gañar que de perder".

Estado anímico dos xogadores e corpo técnico
"Cando chega un momento importante da temporada, queres gañar e hai 2 ou 3 partidos que non se che dan ben para gañar, tes os teus momentos de dificultade. Pero iso faiche endurecerche. Esta fase non a pasamos, témola que pasar. Se somos capaces de liquidalo e tirar para adiante vainos a facer máis fortes, máis importantes. Ese é o momento de madurez que ten que demostrar o equipo. Eles son capaces de velo así".

Maldade nos últimos minutos
"O que vale é o resultado. Se ti tíraste 5 veces ao chan e consegues o 2-1 dise que es un equipo con maldade, con pillería. Se ao final atacas e metes o terceiro, dis que é un equipo que foi capaz de sentenciar o partido. O fútbol márcao o resultado final. Por desgraza para nós é isto".

"O que lle fai falta ao equipo, nestes momentos de dificultade, é dar unha puñada na mesa, conseguir un resultado final de gañar ese partido. Que o equipo ten que ter certos pousos, loxicamente si. Con estas experiencias que vivimos, é unha aprendizaxe para eles. Son xente aberta, con capacidade de aprender as cousas. Esas leccións aprendéronas".

Problema futbolístico de elaboración de xogo
"¿Xogou mellor en Granada que contra o Nàstic? A xente saíu máis contenta en Granada que contra o Nàstic. E non foi un problema futbolístico. Canto mellor xogues, é máis fácil de gañar os partidos".

"Cando chega a segunda volta, xa non é tan fácil gañar. O Granada gañou 1-0 ao Zaragoza e o Zaragoza tirou 11 córneres. E o Granada no primeiro córner meteu un gol. Están encantados do 1-0. E non creo que haxa debate futbolístico respecto dese partido".

Máis reforzos no mercado de inverno
"Non se debería reforzar máis no mercado invernal. Creo moito nos xogadores que teño aí dentro. Se creo neles, e demostráronme durante o ano que fixeron cousas, non creo que haxa postos nos que falte algunha cousa. É un problema que nestes momentos a dinámica non está a ser positiva ou suficientemente positiva, porque estás en play off e a xente non lle dá valor. O ano pasado, dos 3 equipos que descenderon, houbo 2 que nin sequera xogaron o play off a final de liga. Eses equipos terían a mesma esixencia, a mesma presión que ten este ano o Dépor, o Málaga e a UD Las Palmas. E casualmente deses equipos hai 2 este ano que van primeiro e segundo, que probablemente non teñan a mesma presión que o ano pasado".

"Canta máis presión metamos á xente, como en calquera traballo, é malo. Tan malo é non darlle presión, como darlle excesiva, pero a un futbolista, a un fontaneiro, a un mecánico. Hai que esixirlles. É un grupo suficientemente autocrítico e que se esixe. Pero hai que darlle unha presión exacta ás cousas. A presión ás veces é boa ou é mala. Eles son súper esixentes con eles mesmos".

"Outros equipos estarían encantados de estar en play off toda a temporada. Ou case toda a temporada. Nós somos esixentes e queremos máis. O que hai que facer é seguir con esa esixencia, con ese traballo e conseguir o que nos faltou, 3 ou 4 puntos máis que calquera entendese que os tivemos e veríase dunha forma diferente".

Ambiente en ABANCA-RIAZOR
"Entendo a todo o mundo. Estamos nun Club cun listón deportivamente moi alto sempre. A xente quere ver xogar ben e gañar ao seu equipo. Iso compréndoo. Tamén creo que desde a comprensión e o agarimo conséguense moitas máis cousas. Non somos quen para pedirlle nada á afección. Temos que tentar entre todos sumar, porque se sumamos todos vai ser máis fácil para todos conseguir o obxectivo".

Números de máis a menos co transcorrer da temporada
"Os partidos son moito máis axustados e moito máis difíciles. Granada e Osasuna, que son os que agora mesmo van primeiro e segundo, a maioría de partidos conséguenos con 1-0, 0-1. As diferenzas son mínimas na categoría porque todos se xogan todo. Sempre se di que númericamente na segunda volta sempre consegues menos puntos que na primeira. Casualmente levas os mesmos puntos que na primeira volta, e iso non dá para estar arriba ou para estar suficientemente arriba como todos queremos. Imos dar un empuxón, imos apertar. O equipo que sexa capaz de levantarse de cada golpe que teña, porque imos seguir tendo golpes, será o equipo que estea máis arriba".