RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carmelo del Pozo recalca que o Club busca manter "a conexión de final de liga entre a bancada e o equipo"

Carmelo del Pozo, Director Deportivo, asegurou esta mañá en rolda de prensa en ABANCA-RIAZOR que o cadro será "competitivo. A idea que transmitimos é que sexa un equipo competitivo, que a xente se atope satisfeita da entrega que fai o equipo, que sexa intenso, que a xente se vexa reflectida no que ve no campo".

En primeiro lugar quixo agradecer o labor de José Luis Martí á fronte do Deportivo no tramo final da competición: "Fixo un bo traballo, o equipo competiu ben. Pero por ambas as partes entendemos que esa desilusión non xeraba empezar de cero a nova temporada. Xeraba empezar de -3, os 3 goles do Mallorca. Empezar unha temporada en Segunda, unha Segunda de volver gañar, empatar e perder podía xerar unha situación de pouca confianza xeral de todos, de certas dúbidas".

Nesta liña, confesou que "se vai falar cun adestrador, que entendemos que é o idóneo. A partir de aí, se conseguimos que crea no proxecto e que se chegue a un acordo, pois avanzamos. Se non, pois elixiremos a outro. Non hai unha terna... Só falouse cun adestrador e a idea é ver se é factible".

Entende que "hai que entrar con enerxía, con ilusión. O maior éxito que se conseguiu a final de liga é esa conexión coa bancada e o equipo; que o equipo contaxiaba, que a bancada empuxaba; que a bancada axudaba a que o equipo dese un plus. Non temos que ter ningunha actuación que baixe ese momento que atopamos. Ambas as partes entendiamos que esa situación non se podía dar, quizais sexa mellor separar os nosos camiños".

Apuntou que a idea que manexa a Dirección Deportiva é dun cadro "máis curto, de 22 futbolistas. A idea é que o Fabril, o 90 % senón o 100 % sexa de xogadores sub-23; con posibles opcións de subir ao primeiro equipo". Nesta liña, é consciente que "o adestrador que veña ten que ser un adestrador que se nun momento dado ten que tirar de abaixo, crea na canteira, crea en xogadores novos, crea na achega dese tipo de xogadores".

O Deportivo, a día de hoxe, ten estas prioridades, segundo Carmelo del Pozo: "un lateral esquerdo. Ver o tema de Francis, se o imos a volver ceder, habería que incorporar a un porteiro. Necesitamos un xogador de banda, porque vendo o sistema do adestrador, se vai vir un adestrador que lle guste xogar un sistema de 4-2-3-1, faltaría un xogador de banda ou segundo punta. E o resto é ter pensado xogadores por se hai situacións de mercado que che obriguen a actuar. Se se vai un xogador dunha zona concreta, ter un mercado aberto de xogadores".

Valora positivamente o grupo humano que se conseguiu no vestiario a pasada campaña: "Imos tentar ir a ese mesmo éxito. Estruturouse o tema do primeiro equipo. Había unha boa conexión entre a Dirección Deportiva, os técnicos e os xogadores. Conseguíronse hábitos de traballo bos. Sentamos unhas bases, que non nos levaron ao éxito total, pero que esas bases se teñen que seguir mantendo para conseguir xerar ese ambiente de traballo que repercute no resultado final".

Insiste en que trala eliminatoria ante o Real Mallorca, "na que un ten que gañar e outro ten que perder, o que demostra que es un tío competitivo, deportivista e deportivo é que che levantes. Tiveches que levantarche dun mazazo, e se non te levantas estás afundido e non vas para adiante. Tivéches que levantarche dun golpe duro porque todo o mundo víase preto de Primeira División. Pero tampouco había que esquecer esoutra parte que podía pasar e que pasou. O levantarnos faranos crecer. Este golpe tennos que facer crecer, facer evolucionar e aprender dos erros que tivemos cada un de nós".

Após responder a preguntas sobre situacións de xogadores concretos (Fede Cartabia, Róber, Edu Expósito, Juanfran, Rolan, Mosquera....) finalmente indicou que a pretemporada, a expensas loxicamente do visto e prace do novo técnico, iniciarase a metade de mes de xullo, "entre o 11 e o 15"; e que "salvo algún partido puntual", desenvolverase na Cidade Deportiva de Abegondo.