RCD / NOVAS

Carolina Arbeláez e Lorena Bedoya pasan recoñecemento médico o mércores ás 10:00 no Hospital HM Modelo

13/01/2020 20:15

- Foto: @caro08arbelaez -

Carolina Arbeláez Castaño (Medellín, Colombia, 8 de marzo de 1995) e Lorena Bedoya Durango (Bello, Colombia, 6 de outubro de 1997), os dous reforzos do Deportivo ABANCA para a segunda parte do campionato na Primera Iberdrola, aterraron esta tarde no Aeroporto da Coruña.

As dous internacionais colombianas pasarán mañá probas físicas na Cidade Deportiva e o mércores ás 10:00 no Hospital HM Modelo da Coruña, onde estarán tamén a disposición dos medios de comunicación.

Manu Sánchez espera poder contar con ambas as xogadoras no adestramento do equipo previsto para o mércores 15 ás 17:00 en Abegondo.