RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Case 7.000 deportivistas xa teñen o seu abono para a Temporada 2017-2018

En menos de dúas semanas, a campaña de abonos 2017-2018 está a piques de alcanzar os 7.000 socios.

Este martes, ao peche da OAD, tras os 549 carnés tramitados (dos que 32 foron altas), xa se enrolaron na singradura 2017-2018 un total de 6.810 afeccionados.

Co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, os afeccionados teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera deportivista pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) na páxina abonos.rcdeportivo.es/gl ou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

Os despachos de billetes da OAD permanecerán abertos mañá mércores de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden poñerse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.