Catro adestramentos matinais previos á visita da UD Sanse a ABANCA-RIAZOR
O Deportivo realizará esta semana catro adestramentos matinais previos á visita a ABANCA-RIAZOR da UD San Sebastián de los Reyes, prevista para o sábado 16 de outubro ás 19:00 horas (Footters).
Tres destas sesións serán en Abegondo e a do venres, en ABANCA-RIAZOR a porta pechada.
Cada xornada que haxa traballo na Cidade Deportiva, o cadro reunirase para almorzar a partir das 09:00 horas.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Martes 12 de outubro 10:30 h., Abegondo
Mércores 13 de outubro 10:30 h., Abegondo
Xoves 14 de outubro 10:30 h., Abegondo
Venres 15 de outubro 10:30 h., ABANCA-RIAZOR (a porta pechada)
Sábado 16 de outubro 19:00: Deportivo - UD San Sebastián de los Reyes, en ABANCA-RIAZOR