RCD / NOVAS

Celso Borges, na lista previa de Costa Rica

06/03/2017 19:22

Celso Borges foi preconvocado pola súa selección nacional, Costa Rica, para dous partidos oficiais este mes de marzo, ambos correspondentes á eliminatoria pola zona CONCACAF para o Mundial de Rusia 2018.

Así, o venres 24 de marzo, Costa Rica visita México, en Ciudad de México; e catro días máis tarde, o martes 28, xogará ante Honduras en San Pedro Sula.

A convocatoria definitiva darase a coñecer o xoves 16 de marzo. En caso de estar entre os elexidos, Celso Borges tería que se desprazar ao seu país o luns 20 de marzo, após #ONOSODERBI ante o Celta.

Borges acumula 98 internacionalidades coa súa selección, co que en caso de disputar eses dous encontros, converteríase no sétimo futbolista 'centenario' na historia dos 'Ticos'.

Kakuta, preconvocado pola República Democrática do Congo para un partido amigable

O xogador do Deportivo Gaël Kakuta foi preconvocado pola súa selección, a República Democrática do Congo, para un partido amigable no próximo parón ligueiro.

O choque está fixado o domingo 26 de marzo en Nairobi ante Kenia.

Nos próximos días, a Federación Congoleña de Fútbol fará pública a lista definitiva de convocados.

Máis novas de: BORGES, KAKUTA