RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

César advirte do perigo do Athletic e en especial de Urzáiz

O central César e o porteiro Molina foron os dous futbolistas que atenderon esta mañá aos medios informativos na sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo "O Mundo do Fútbol".

O defensor asturiano advirte do perigo do Athletic e tamén de Urzaiz, "ao que sempre se lle deu ben xogar connosco". Recoñece César que esta semana, xa sen competición copeira, "tivemos máis tempo para preparar o partido táctica e fisicamente" e espera estrear a súa marcadora de goles nesta tempada en San Mamés: "Os defensas temos que contribuír con cuantos máis goles mellor e que mellor ocasión que Bilbao para estrearme". Respecto da comida de onte que mantiveron o persoal co Presidente e o Consello de Administración, César indicou que "sempre é positivo reunirse e pasar un bo intre todos xuntos. Xa é unha tradición ademais realizala". Da mesma opinión foi Molina: "Estivo moi ben", sentenciou o gardameta valenciano. Onte, Augusto César Lendoiro pediu ao persoal que tratasen de evitar o sufrimento da rolda previa da liga de Campións, é dicir, clasificarse terceiros ou cuartos na liga española. Molina cre que "isto é normal que o pediu". E César afirma que "debe ser o noso obxectivo. Nos últimos anos estivemos ahi arriba, sempre nas primeiras posicións, o que demostra que mantivemos unha gran regularidade". A meta Molina manifestou estar á marxe da euforia que parece rodear agora ao equipo tras a goleada ante o Real Zaragoza en Riazor: "Nós o que temos que facer é traballar. Para esaxerar as cousas, tanto para ben como para mal, xa estades vós, os medios de comunicación".