RCD / NOVAS

César: Considero que estou a xogar nun grande

César Martín compareceu esta mañá na sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo "O Mundo do Fútbol". O futbolista asturiano formará no Estadio Carlos Belmonte parella no centro da defensa con Jorge Andrade. César, que se atopa atravesando un gran momento de forma, non pensa para nada na Selección Española nin na próxima Eurocopa de Portugal: "O único que me preocupa agora mesmo é sacar o tres puntos co Deportivo para seguir arriba". Tampouco pensa en marcharse do club, a raiz de informacións nas que se indica que equipos da talla do Madrid... buscan centrais portugueses, brasileiros...: "Considero xa que estou a xogar nun equipo grande".

05/02/2004 20:01

Restou importancia o defensor deportivista á polémica xurdida ao redor das decisións arbitrais nestes últimos partidos. "Para o meu ningún equipo sae con dous ou tres puntos de vantaxe sobre o resto. A competición de Liga é moi longa, e ao final cada un acaba no sitio que lle corresponde".

Máis novas de: CÉSAR

RCD / Noticias Relacionadas

24/03/2005 22:32 |

Hoxe en Dépor Sport
César: Quero acabar o meu contrato no Dépor

César Martín, un dos clásicos do Deportivo, é o protagonista de hoxe en Dépor Sport, o xornal oficial do club. Como sente despois de tanto tempo sen xogar? Este ano só xoguei contra o Numancia. Agora estou ben fisicamente, adestro con normalidade e espero dispor de minutos para xogar e gozar no campo. Mentres non sexa así, hai que traballar para tentar que a situación mellore.