RCD / NOVAS

Chega o día grande do verán branquiazul, co Trofeo Teresa Herrera

03/08/2017 22:51

A seguinte cita para o Deportivo será o prato forte de cada verán na Coruña, o Trofeo Teresa Herrera, que este ano alcanza a súa LXXII edición.

O partido arrancará ás 20:30 horas do sábado 5 de agosto no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Dépor e o West Bromwich Albion inglés.

Unicamente venderanse entradas de público para catro localidades: Tribuna Superior, Tribuna Inferior, Preferencia Superior (todas a 20 euros) e Marathón Superior (10 euros).

As entradas para o decano dos trofeos de verán unicamente estarán en venda mañá venres e o sábado nas taquilas do Palacio dos Deportes.

O cadro deportivista adestrarase mañá venres ás 11:00 horas na Cidade Deportiva de Abegondo, tras regresar esta mesma madrugada de Oviedo.

O calendario de pretemporada do Deportivo é o seguinte:

13 de xullo: Racing Villalbés 0 - Deportivo 2 (Óscar Pinchi e Bruno Gama)
14 de xullo: Arosa 0 - Deportivo 7 (Óscar Pinchi, Aarón, Arribas -2-, Bruno Gama -2- e Borges)
15 de xullo: Silva 0 - Deportivo 5 (Óscar Pinchi, Andone, Pedro -2- e Celso Borges)
18 de xullo: Cerceda 0 - Deportivo 1 (Bicho)
20 de xullo: Somozas 1 - Deportivo 6 (Albentosa, Luisinho, Fede Valverde, Borges, Andone e Carles Gil)
22 de xullo: Bergantiños 1 - Deportivo 6 (Bruno Gama, Andone, Borja Valle, Arribas, Emre Çolak e Bakkali)
25 de xullo: Pontevedra 0 - Deportivo 5 (Fede Cartabia, Bakkali -2-, Borja Valle e Bruno Gama)
27 de xullo: Racing de Ferrol 1 - Deportivo 4 (Emre Çolak -2-, Da Lama en propia meta e Juanfran)
30 de xullo: FC Porto 4 - Deportivo 0
3 de agosto: Real Oviedo 0 - Deportivo 0
5 de agosto, 20:30 horas, LXXII Trofeo Teresa Herrera: Deportivo - West Bromwich Albion (Estadio ABANCA-RIAZOR)
12 de agosto: Tenerife - Deportivo (Los Cuartos, La Orotava)