RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cinco futbolistas non saltaron ao céspede esta mañá en Abegondo

Cinco futbolistas quedaron esta mañá no ximnasio da Cidade Deportiva de Abegondo e non participaron co resto do grupo na única sesión de hoxe do primeiro equipo.

Así, Fayçal e Carles Gil realizaron un adestramento específico; Juan Domínguez sofre molestias cervicais; e Gerard Valentín, no tendón da pata de ganso esquerda, este pendente de avaliación médica nas próximas horas. O canteirán Óscar Pinchi está lesionado.

O adestramento de hoxe, baixo unha persistente choiva, consistiu nun traballo preventivo no ximnasio, un partido táctico, un roldo e, finalmente, un circuíto físico con remates a portería. Estiveron ás ordes de Pepe Mel os canteiráns Francis e Edu Expósito.

Mañá xoves 20 de xullo, o cadro está citado de novo na Cidade Deportiva de Abegondo ás 10:00 horas. Pola tarde (19:30 horas), o Dépor xogará o quinto amigable desta pretemporada. Será ante o Somozas (Terceira División) no campo Manuel Candocia das Somozas.

A directiva do club ferrolán fixou en 5 euros as entradas para o público.