RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cinco internacionais do Dépor ABANCA incorpóranse mañá ás súas seleccións nacionais

Teresa Abelleira, María Méndez, Kika, Gaby e Michelle Romero incorpóranse mañá luns ás súas respectivas seleccións nacionais.

Por conseguinte, todas elas non regresaron esta tarde á Coruña co resto da expedición do Dépor ABANCA.

Partidos amigables para España sub-20 en San Pedro del Pinatar

Teresa Abelleira e María Méndez foron convocadas pola selección española sub-20 para disputar unha serie de partidos amigables, incluído ademais un torneo '3 en 1' en categoría sub-19.

Na convocatoria estaba inicialmente tamén Athenea del Castillo, que se perde esta cita internacional por lesión.

As deportivistas concéntranse mañá luns 2 de marzo na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.

O calendario de partidos, todos eles o Pinatar Arena Football Center, é o seguinte:

Selección sub-20
Mércores 4 de marzo
16:30: ESPAÑA - RUSIA
Venres 6 de marzo
18:30: ESPAÑA - RUSIA

Selección sub-19
Domingo 8 de marzo
Torneo 3 en 1
ESPAÑA - ESCOCIA
ESPAÑA - BÉLXICA

Kika, Gaby e Michelle Romero disputan en Turquía 3 compromisos de preparación

As deportivistas Kika, Gaby e Michelle Romero foron convocadas pola Directora Técnica da selección de Venezuela, a italiana Pamela Conti, para unha concentración que terá lugar en Antalya (Turquía), desde mañá luns 2 ao mércores 11 de marzo.

Durante esta concentración están previstos 3 amigables, todos eles no Gold City Sport Complex, en Antalya, con este calendario:

Mércores 4 de marzo
11:00 (hora local, 9:00 en España): HUNGRÍA - VENEZUELA

Sábado 7 de marzo
15:00 (hora local, 13:00 en España): VENEZUELA - ROMANÍA

Martes 10 de marzo
18:00 (hora local, 16:00 en España): VENEZUELA - HONG KONG