RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Claudio Beauvue pide "aceptar a situación" co obxectivo de "dar un paso adiante"

Claudio Benoît Beauvue (Saint-Claude, Guadalupe, 16 de abril de 1988), que recentemente ampliou a súa vinculación co Deportivo até o verán de 2022, pasouse hoxe mércores pola sala de prensa de Abegondo.

Explica que decidiu quedar en ABANCA-RIAZOR "porque o pouco que vivín co Club, abriume os brazos. Foi un golpe tremendo para a cidade, para o Dépor. E sempre o presidente e a xente que está ao redor del nos apoiou".

O dianteiro deportivista lembra que "teño 32 anos, aos meus fillos vivindo en Madrid. Analizando un pouco todo, o mellor era axudar primeiro ao Dépor a volver onde se merece. A decisión foi longa porque os meus representantes estaban a falar co Club. Pero para min o ok foi xa. Logo houbo un pouco de tempo para que todo fose definitivo".

Non lle sorprende o apoio social ao Club, con máis de 10.000 socios nos primeiros días de campaña: "A xente demostroume que estaban connosco até o final, até a morte. Con todo o que pasou na última fase da liga foi moi duro e inxusto. Temos que aprender a aceptar este final para dar un paso adiante. Se estamos todos xuntos sempre haberá premio. Agora debemos aprender e aceptar a situación. Cada un creo que está a cambiar a páxina para empezar o reto que temos, que vai ser moi complicado, moi duro".

Asegura que tanto el como "os meus compañeiros estamos comprometidos para lograr este reto".

Persoalmente promete dar "todo o que poida. Quero ser importante neste novo proxecto e apoiar a todos os meus compañeiros. Se podo meter o máximo de goles posibles, o máximo de asistencias tamén. Ao final o que vai contar son os puntos que debemos ter".

Neste sentido, espera que esta temporada se poida ver a mellor versión de Claudio Beauvue: "Coa pretemporada que estamos a facer todo irá mellorando; coñecendo máis ao míster e aos meus compañeiros faremos unha temporada moi boa".

Ve a Fernando Vázquez "ben, motivado. Espera que o cadro sexa definitiva para empezar a traballar un pouquiño mellor cos xogadores que vai ter durante a temporada. Está como sempre, motivado e estanos adestrando bastante duro".