Compromisos amigables mañá domingo para Fabril en Arteixo e Dépor ABANCA B en Gondomar
Dous equipos de #ANOSACANTEIRA teñen compromiso amigable mañá domingo 22 de agosto: Fabril e Deportivo ABANCA B.
O conxunto fabrilista que dirixe Óscar Gilsanz mídese ao Atlético Arteixo a partir das 12:00 horas en Ponte dos Brozos.
Óscar Gilsanz poderá contar tamén con Juan Rodríguez, Brais Val e 'Davo', citados por Borja Jiménez para o amigable do primeiro equipo de hoxe sábado en Ordes.
Ademais están citados os seguintes xogadores: Brais, Alberto, Quique Teijo, Nacho, Manu Berrocal, David Suárez, Seydiba, Dani Barcia, Barba, Fabio, Javi Sanmartín, Víctor, Nájera, Urdiales, Juan Cambón e Padín.
En categoría feminina, o partido amigable ante o UD Mos, previsto para o pasado xoves 12 de agosto no campo das Baloutas, e que se ía xogar finalmente o xoves 19, foi suspendido de novo por un positivo de COVID-19 no equipo pontevedrés.
A expedición do Dépor ABANCA B estaba xa en Mos e viuse obrigada a regresar á Coruña sen poder disputar o que sería o seu primeiro test do verán.
O filial feminino pechará a semana mañá domingo 22 ás 12:30 coa visita ao Lóstrego CF de Gondomar, equipo que milita na Primeira Autonómica Feminina.
O calendario de amigables esta semana, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Terceira RFEF OURENSE CF 2 - FABRIL 1 (Mario) ATLÉTICO ARTEIXO - FABRIL, o domingo 22 de agosto ás 12:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Categoría feminina UD MOS - DEPORTIVO ABANCA B, suspendido LÓSTREGO CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 22 de agosto ás 12:30 no campo da Gándara (Gondomar)