RCD / NOVAS

Confirmadas as 4 primeiras citas da pretemporada do Dépor

08/07/2019 21:30

A pretemporada do Dépor 2019-2020 vai tomando forma coa confirmación das 4 primeiras citas do verán.

Como hai un ano, o primeiro encontro do equipo de Anquela será na Cidade Deportiva de Abegondo nun partido de adestramento ante o Fabril. A sesión especial de traballo terá lugar o mércores 24 de xullo.

A segunda das citas chegará 3 días despois no campo de Cantarrana en Viveiro, onde, con motivo do 25 aniversario da peña deportivista da localidade lucense, enfrontaranse o Deportivo e o Racing de Ferrol.

O mes pecharase o día 31 en Pasarón nun triangular (3 partidos de 45 minutos cada un) ante Pontevedra CF e CD Tenerife.

Agosto arrincará para os branquiazuis nun campo clásico dos veráns deportivistas, o Estadio da Magdalena de Vilalba, cun choque ante a SD Ponferradina.

Por tanto, as datas sinaladas polo momento no calendario de traballo do Dépor son:

Luns 15 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, inicio de adestramentos
Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo-Fabril
Sábado 27 de xullo: Cantarrana (Viveiro), Deportivo-Racing de Ferrol
Mércores 31 de xullo: Pasarón (Pontevedra), Deportivo-Pontevedra CF-CD Tenerife
Sábado 3 de agosto: A Magdalena (Vilalba), Deportivo-SD Ponferradina