RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Convocatoria Xunta Xeral de Accionistas

O Consello de Administración do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, na súa sesión celebrada o día 9 de outubro de 2017, acordou convocar a Xunta Xeral de Accionistas da Sociedade co carácter de Ordinaria e Extraordinaria que terá lugar no Auditorio Arao do Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco), Peirao de Transatlánticos, s/n 15003 A Coruña, en primeira convocatoria, ás 19:45 do domingo 19 de novembro de 2017 e, se a iso houber lugar, en segunda convocatoria, no mesmo lugar e hora, o luns 20 de novembro de 2017, con obxecto de someter a exame e aprobación os asuntos comprendidos no seguinte:

ORDE DO DÍA

Primeiro.- Informe do Presidente aos Accionistas relativo á evolución e situación do REAL CLUB DEPORTIVO DE LA CORUÑA, SAD e o seu Grupo Consolidado.

Segundo.- Aprobación dos seguintes puntos relativos ao Exercicio Social pechado a 30 de xuño de 2017:

2.1. Aprobación das Contas Anuais Individuais.

2.2. Aprobación das Contas Anuais Consolidadas.

2.3. Aprobación da xestión social realizada polo Consello de Administración.

2.4. Aprobación da proposta de aplicación do resultado do exercicio pechado a 30 de xuño de 2017.

Terceiro.- Aprobación do Orzamento correspondente á Temporada Futbolística 2017-2018.

Cuarto.- Rogos e preguntas.

Quinto.- Delegación de facultades.

A Coruña, a 13 de outubro de 2017

O PRESIDENTE DO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN

CONSTANTINO FERNÁNDEZ PICO

ANUNCIO XUNTA

DEREITO DE INFORMACIÓN

De acordo co disposto nos artigos 197 e 272.2 da Lei de Sociedades de Capital, os Accionistas terán dereito a solicitar e obter a entrega ou envío gratuíto da información relativa aos puntos incluídos na Orde do Día.

De forma específica, os Accionistas terán dereito a examinar no domicilio social e a solicitar e obter a entrega ou envío gratuíto dos seguintes documentos:

· Documento nº 1:  Contas Anuais Individuais e Consolidadas correspondentes ao Exercicio Social pechado a 30 de xuño de 2017 e Informe de Auditoría relativo ás Contas Anuais Individuais e Consolidadas correspondentes ao Exercicio Social pechado a 30 de xuño de 2017.

· Documento nº 2: Orzamento da Temporada Futbolística 2017-2018.

· Documento nº 3: Proposta de acordos que realiza o Consello de Administración sobre todos os puntos integrantes da Orde do Día.

DEREITO DE ASISTENCIA

Lémbrase aos Accionistas que, de acordo co establecido no artigo 8 dos Estatutos Sociais, poderán asistir á Xunta Xeral aqueles Accionistas que sexan titulares de, polo menos, 2 accións, as cales consten inscritas ao seu nome polo menos con cinco días de antelación como mínimo no Rexistro de Accións nominativas da sociedade.

A sociedade expedirá un Cartón de Asistencia Nominativa que poderá ser retirada directamente polos Accionistas no Estadio Abanca-Riazor (Oficina de Atención ao Deportivista) Avenida de La Habana s/n 15011 A Coruña.

Para os efectos de verificar a identidade dos Accionistas, ou de quen válidamente os represente, á entrada do local onde se celebra a Xunta Xeral, coa presentación do Cartón de Asistencia solicitarase a todos os asistentes a acreditación da súa identidade, mediante a exhibición do Documento Nacional de Identidade ou calquera outro documento oficial xeralmente aceptado a estes efectos identificativos.

REGRAS RELATIVAS Á AGRUPACIÓN E REPRESENTACIÓN

Os Accionistas poderán facerse representar na Xunta Xeral por medio doutra persoa. Dita representación deberá conferirse, en todo caso, por escrito e con carácter especial para cada Xunta, sempre que se garanta debidamente a identidade do accionista que exerce o seu dereito. Ademais, tal e como establece a Lei de Sociedades de Capital no seu artigo 189, para o exercicio do dereito de asistencia nas xuntas e o de voto, será lícita a agrupación de accións. A representación é revocable. A asistencia persoal á Xunta do accionista representado terá valor de revogación.

REGRAS PARA O DESENVOLVEMENTO DA XUNTA XERAL

Primeira.- Exporanse, de maneira ininterrompida, por parte do Consello de Administración os puntos primeiro ao terceiro inclusive, e sucederanse as diferentes intervencións do Presidente, Conselleiros e, no seu caso, do asesor que requiran en cada caso.

Segunda.- A continuación, os accionistas terán unha quenda de intervencións dentro do punto cuarto da Orde do Día: Rogos e Preguntas. Corresponderá ao Presidente dirixir a quenda de intervencións.

Terceira.- Unha vez producidas as intervencións dos accionistas, o Presidente e/ou os membros do Consello de Administración contestarán ás mesmas.

Cuarta.- Sistema de votación: desde o comezo da Xunta Xeral quedará aberta xa a mesa de votación e os Accionistas poderán comezar a votar cando queiran. Os Accionistas levantaranse, en consecuencia unha única vez para votar. Lémbrase aos Accionistas que os Cartóns de Asistencia teñen os diferentes puntos/subpuntos da Orde do Día cun código de barras para cada punto/subpunto da Orde do Día, de modo que hai que cortar cada punto/subpunto da Orde do Día e depositalo na furna correspondente.

Existirán dúas (2) mesas de votación con tres (3) furnas cada unha (SÍ, NON, ABSTENCIÓN) situadas nos dous corredores principais do Auditorio.

Unha vez realizada a votación, realizarase o reconto mediante o correspondente código de barras.

O Presidente proclamará posteriormente o resultado das votacións en cada punto integrante da Orde do Día e indicarase expresamente aos Accionistas se queda ou non aprobado cada punto. 

PRESENZA DE NOTARIO NA XUNTA XERAL

En data 9 de outubro de 2017 celebrouse reunión do Consello de Administración e acordouse requirir a presenza dun notario para que levante acta da Xunta Xeral de Accionistas, de conformidade co disposto no artigo 203 da Lei de Sociedades de Capital, en relación co artigo 101 do Regulamento do Rexistro mercantil.

PREVISIÓN SOBRE A DATA DE CELEBRACIÓN DA XUNTA XERAL

Infórmase os Accionistas que, considerando a experiencia de anos anteriores en que non se alcanzou o quórum necesario para a celebración en primeira convocatoria, a Xunta Xeral celebrarase, previsiblemente, en segunda convocatoria, o luns día 20 de novembro de 2017, ás 19:45 horas, salvo aviso en contrario na prensa diaria.

HORARIO DE ACCESO Á XUNTA XERAL

Rógase aos Accionistas a máxima puntualidade, indicándolles que a partir das 19:45 horas permitirase aos Accionistas unicamente o acceso ao Auditorio, pero sen que poidan rexistrarse válidamente a efectos da Xunta Xeral.

PROTECCIÓN DE DATOS

En virtude da normativa aplicable en materia de protección de datos de carácter persoal, infórmase os Accionistas da existencia dun ficheiro ou tratamento automatizado, cos datos de carácter persoal facilitados polos propios Accionistas, polos seus representantes ou, no seu caso, polas entidades de crédito e bancarias, Sociedades e Axencias de Valores en que devanditos Accionistas teñan depositadas as súas accións, con ocasión da Xunta Xeral convocada mediante a presente, así como dos que poidan derivarse como consecuencia da mesma. A finalidade do devandito ficheiro ou tratamento é a xestión e administración dos datos dos Accionistas e, no seu caso, os relativos aos seus representantes, no ámbito da Xunta Xeral de Accionistas. Os Accionistas ou os seus representantes poderán exercitar, nos supostos amparados na lei, os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos do ficheiro a través da correspondente notificación (que deberá incluír a identificación do titular dos dereitos mediante fotocopia do Documento Nacional de Identidade) remitida á seguinte dirección: Praza de Pontevedra, 19 1º 15003 A Coruña. O Real Club Deportivo da Coruña, SAD, na súa condición de Responsable do Ficheiro, informa da adopción das medidas de seguridade legalmente esixidas nas súas instalacións, sistemas e ficheiros. Así mesmo, como Responsable do Ficheiro, garantirá a confidencialidade dos datos persoais, sen prexuízo da súa obrigación de revelar ás autoridades públicas competentes os datos persoais e calquera outra información que estea na súa poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas, sempre que esta fose requirida de acordo co establecido nas disposicións legais e regulamentarias aplicables.