RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cristóbal, convencido de que mañá sábado o deportivismo "vai estar co seu equipo a tope"

Cristóbal Parralo mostrouse convencido esta mañá na sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR que o deportivismo mañá sábado 9 de decembro ante o CD Leganés (18:30 horas, Bein LaLiga) "vai estar co seu equipo a tope. Non teño ningunha dúbida. Saben o importante que é este partido para todos e estou seguro de que van estar co equipo, que nos van a apoiar".

O técnico deportivista advirte sobre a situación clasificatoria do Deportivo que "nos metemos nós sós nesta situación, con estes puntos a estas alturas. Somos nós os que temos, coa axuda de todos, tentar saír e estar mellor".

Nesta liña, subliña que "estamos aí porque non estivemos ben e non fixemos as cousas como deberiamos de facelas. O único que queda é rectificar, tentar mellorar e saír desa situación co apoio de todos".

Cristóbal lembra, iso si, que "queda moito campionato. Se nós facemos ben as cousas, ao final non nos imos a ter que preocupar de ninguén. É o que temos que tentar. Facer ben as cousas nós, porque se non as facemos ben, de nada serve".

Preguntado polo mercado de inverno e a posible chegada de reforzos, o adestrador branquiazul sostén que "o meu pensamento está centrado no partido de mañá. Non estamos como para mirar máis aló. O que temos que facer é tentar competir da mellor maneira mañá, gañar os 3 puntos que son moi necesarios e cando chegue o mercado de inverno, imos ver o que decide o Club e as posibilidades que hai".

Do Leganés, rival mañá no Estadio, explica Cristóbal que é un equipo que "compite moi ben. Varía bastante tamén o sistema e ten bos xogadores. Está a demostrar que é un bo grupo, traballan todos a un tempo e están convencidos do que fan".