RCD / NOVAS

Cristóbal: "O máis positivo é que o equipo xogou como tal"

30/10/2017 23:46

Cristóbal Parralo, após a contundente vitoria desta noite no Estadio Gran Canaria, manifestou na sala de prensa do estadio amarelo que "encaixamos un duro golpe outra vez aos 7 minutos. Estou contento porque o equipo se repuxo, non baixou os brazos e seguiu pelexando, traballando. Ao final fomos xustos vencedores".

Cre o técnico deportivista que "tampouco hai que desatar a euforia. Volvemos a cometer algún erro, sobre todo aos 7 minutos. O máis positivo é que o equipo xogou como tal, con intensidade, con agresividade. Xestionou e madurou o partido".

Máis novas de: CRISTÓBAL