RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cristóbal Parralo: "Non imos estar sós"

Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, compareceu esta mañá en rolda de prensa no Estadio de Riazor, a poucos días da 'final' do Fabril en Riazor ante o Cacereño, o domingo 28 de maio ás 12:00 (TVG-2).

Explica que, tras o 0-0 na ida xogada en Cáceres o pasado domingo, "nós temos a vantaxe de xogar en casa pero eles teñen a vantaxe de que con calquera empate que non sexa a cero tamén pasan. Por aí a eliminatoria está moi igualada".

Apunta que a pesar do empate na ida, "saín moi orgulloso do meu equipo. Xogou un fútbol que non está adoitado, e deu a cara en todo momento. Disputou o balón en todo tipo de situacións. Os mozos tiveron unha proba de madurez".

Este domingo, Cristóbal está "convencido de que a afección vai estar co equipo. E non imos estar sós. A afección do Dépor sempre deu mostras do grande que é. Estou seguro que todo o mundo desexa que o Fabril ascenda e todos os que poidan seguro que virán apoiarnos".

Nestes días previos pedirá aos seus futbolistas, "xogar coa cabeza, non só co corazón. Hai que estar moi centrado. Non deixar de cumprir coas obrigacións que temos no campo. Tentar ir a por o partido, pero con cabeza".

Os xogadores do segundo equipo deportivista tiveron esta mañá o seu segundo contacto co céspede do Estadio de Riazor, despois de adestrar no mesmo o pasado mércores 17 de maio.

Todo o cadro de Cristóbal Parralo, sen excepción, saltou ao terreo de xogo para realizar un quecemento e un partido a tres cuartos de campo.