RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Cuartos de final do Cadete B en Francia e catro partidos de liga hoxe venres na canteira

  O Cadete B se clasificó, como primeiro do seu grupo, para os cuartos de final da 39ª edición do torneo Sub-15 A Saint Pierre de Nantes, na citada cidade francesa. O seu rival será hoxe venres o Lokomotiv de Zagreb, a parti

O Xuvenil B disputará en Abegondo un partido crucial de face ao título da liga Nacional. Os pupilos de Rubén Coméndez, líderes con dez puntos de vantaxe sobre o Santiago de Compostela C, reciben ao Galicia Caranza, ás 19.00 no campo 1. Un triunfo sería dar un paso máis cara ao obxectivo.
 
Para este partido, do mesmo xeito que o do Cadete A e Infantil A (estes dous o sábado ante Galicia Caranza e Conxo respectivamente), os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior costa 3 euros.
 
Tamén xogan en Abegondo o venres o Infantil B e Benjamín A, ambos xa campións dos seus respectivos grupos.
 
Por outra banda, o Benjamín B será campión da Segunda Comarcal (grupo A Coruña - As Mariñas) se gaña ao Paiosaco B. De logralo, a canteira deportivista sumaría xa seis títulos esta tempada tras os conseguidos anteriormente polo Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º), Alevín A (campión da Primeira Comarcal, grupo A Coruña), Alevín B (campión da Primeira Comarcal, grupo As Mariñas, e campión de Copa) e Benjamín A (campión da Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas).
 
O domingo, o Fabril, en loita pola terceira praza da Terceira División, visita ao Negreira; e o Xuvenil A, que pelexa pola cuarta praza da División de Honra, ao Sporting de Xixón.
 
O único equipo sen competición é o Alevín A, que ten descanso.
 
O calendario de partidos, cos resultados de hoxe xoves, é o seguinte:
 
Terceira División
 
NEGREIRA - FABRIL, o domingo 17 de abril ás 17.30 no campo Jesús García Calvo
Clasificación: ... 3. Choco, 56 puntos; 4. Fabril, 55 puntos; 5. Barco, 50 puntos...
 
Categoría Xuvenil
 
SPORTING DE XIXÓN - XUVENIL A, o domingo 17 de abril ás 12.00 en Mareo
Clasificación da División de Honra: ... 3. Sporting de Xixón, 63 puntos; 4. Xuvenil A, 55 puntos; 5. Celta, 54 puntos...
 
XUVENIL B - GALICIA CARANZA, o venres 15 de abril ás 19.00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da liga Nacional: 1. Xuvenil B, 64 puntos; 2. Santiago de Compostela C (un partido menos), 54 puntos; 3. Areosa (un partido menos), 52 puntos...
 
Categoría Cadete
 
CADETE A - GALICIA CARANZA, o sábado 16 de abril ás 12.00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta (un partido menos), 82 puntos; 2. Cadete A, 71 puntos; 3. Bertamiráns, 58 puntos...
 
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Cadete B, 76 puntos; 2. Ural, 68 puntos...
 
Torneo Sub-15 de Saint Pierre en Nantes (Francia)
Primeira Fase
Mércores 13 de abril
CADETE B 0 - STADE BRESTOIS 0
CADETE B 1 (Julián) - BASSE GOULAINE 0
 
Xoves 14 de abril
SELECCIÓN DE GUADALUPE 0 - CADETE B 2 (Borja (2))
CADETE B 0 - NIZA 0
CADETE B 3 (Mosquera (2) e Pichu) - SAINT HERBLAIN 0
 
Venres 15 de abril
Cuartos de final
11.30: CADETE B - LOKOMOTIV DE ZAGREB
 
Categoría Infantil
 
INFANTIL A - CONXO, o sábado 16 de abril ás 10.30 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Lugo, 66 puntos; 2. Xuventude de Oroso (un partido menos) e Infantil A, 63 puntos; 4. Santiago de Compostela (un partido menos), 57 puntos...
 
INFANTIL B - CALASANZ B, o venres 15 de abril ás 19.00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (xa campión), 79 puntos; 2. San Tirso, 59 puntos...
 
Categoría Alevín
 
Clasificación do Torneo Conservas Calvo de fútbol once: 1. Ural A, 26 puntos; 2.Alevín A (un partido menos), 23 puntos; 3. Vitoria A, 20 puntos...
 
ALEVÍN B - VITORIA D, o domingo 17 de abril ás 12.00 en Meicende
Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal, grupo 1º: 1. Alevín B (un partido menos), 33 puntos; 2. Vitoria D, 28 puntos...
 
Categoría Benjamín
 
BENJAMÍN A - LUÍS CALVO A, o venres 15 de abril ás 18.30 en Abegondo
Clasificación da Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: 1. Benjamín A (xa campión), 64 puntos; 2. Ural A, 55 puntos...
 
PAIOSACO B - BENJAMÍN B, o venres 15 de abril ás 19.30 na Porta Santa (Paiosaco)
Clasificación da Segunda Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: 1. Benjamín B, 61 puntos; 2. Imperátor C, 53 puntos...