RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cuntis repetirá como sede dos DéporCampus Cabreiroá do 8 ao 12 de xullo

Cuntis volverá organizar un dos DéporCampus Cabreiroá, grazas á colaboración entre o RC Deportivo, o Atlético Cuntis, o concello da devandita localidade, a Deputación de Pontevedra e Termas de Cuntis.

Á presentación do DéporCampus Cabreiroá 2019 de Cuntis acudiron Manolo Campos, alcalde de Cuntis; Conchi Campos, concelleira de deportes de Cuntis; Fran Fontenla, presidente do Atlético Cuntis; David López, coordinador do Atlético Cuntis; e Vanesa Fuentes, representante de Termas de Cuntis. En representación do RC Deportivo estivo presente no acto Pablo Barros, director dos DéporCampus Cabreiroá.

Cuntis será, por segundo ano consecutivo, unha das sedes dos DéporCampus Cabreiroá 2019 cunha quenda, do 8 ao 12 de xullo. O Campo Municipal de Fútbol da Ran será o escenario deste DéporCampus Cabreiroá, cuxas inscricións están abertas a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos e poderán realizarse até o mediodía do xoves 4 de xullo.

Os DéporCampus Cabreiroá 2019 contan cun total de 15 sedes: 10 en Galicia, 1 en Cantabria e 4 fose de España.

Podes atopar toda a información dos DéporCampus Cabreiroá en deporcampus.rcdeportivo.es/gl