RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

David Simón: "Imos ser máis intensos, con boa actitude; e un gran equipo"

David Simón pasou esta mañá pola sala de prensa de Abegondo, nada máis concluír o adestramento do primeiro equipo.

O lateral deportivista destacou do Trofeo Teresa Herrera do pasado sábado en ABANCA-RIAZOR ante o Real Betis que o equipo puxo "moita actitude e moita intensidade".

Subliña que os técnicos "nos piden que sexamos un equipo, que vaiamos todos a unha, que sexamos intensos e que todo o mundo pode cometer erros pero a actitude é o primeiro, é o que vale".

A nivel persoal, explica que a temporada pasada "estiven 2 meses fóra por tema de pube. Logo participei no playoff. Agora chego á pretemporada moi ilusionado e vólveme a molestar esta lesión de pube, que hai que coidalo moi ben. Decidimos parar durante esas semanas e agora empecei a semana pasada, adestrando con normalidade. A traballar para que cando me toque a oportunidade, estar preparado".

David Simón opina que "a temporada pasada había uns xogadores moi bos, que moitos se foron a Primeira. Este ano somos un equipo, que non quere dicir que o ano pasado non o fósemos. Pero este ano nos malos momentos seguro que nos uniremos máis e seguro que se vai a correr máis. Imos ser máis intensos, con boa actitude; e un gran equipo".

Do mesmo xeito que Eneko Bóveda o pasado sábado tralo choque ante os béticos, subliña que en Segunda División "hai que ir día a día. Hai que ter tranquilidade, calma, que isto non empezou. Aínda queda moitísimo. Ao final hai que quedar coas cousas positivas. Durante a pretemporada habemos ir de menos a máis. O outro día o equipo mostrou o que vén dicindo o míster que fagamos. Hai moita marxe de mellora e estamos no camiño correcto".

Insiste en que "a idea que temos é ser nós mesmos, superar ao rival con esa intensidade, correndo máis que eles. E logo o que nos queira preparar o míster, que cada partido ten os seus matices, os seus pros, os seus contras. O principal é ter esa gran actitude que estamos a ter, ese esforzo hai que dobregalo sempre, máis que o rival. A partir de aí o xogo, o que nos pide o míster sairá".