RCD / NOVAS

David Simón lembra que "isto é moi longo" e Edu di que "non hai que baixar os brazos"

02/02/2019 23:25

O canario David Simón e Edu Expósito foron os dous futbolistas que se pasaron pola zona mixta do Estadio ABANCA-RIAZOR.

David Simón manifestou que "queremos dar ese paso á fronte dunha vez, pero tranquilidade. Isto é moi longo. Xa se está vendo como é a liga, moi competitiva. Hai moitos equipos históricos que queren estar aí arriba".

O lateral deportivista lembra que "seguimos aí. Se collemos este refacho de 3 partidos seguidos gañando seguramente estaremos arriba. E niso estamos, traballando. Agora pasou este partido. Reflexionar dos erros que puidemos cometer hoxe. A partir de mañá pensar no seguinte partido".

Pola súa banda, Edu Expósito opina que o equipo "estivo ben, competiu moi ben. Tiñamos diante un rival que nos puxo as cousas moi difíciles".

O centrocampista branquiazul recoñeceu que houbo "imprecisións pero hai que seguir e non hai que baixar os brazos".

Máis novas de: DAVID SIMÓN, EDU EXPÓSITO