RCD / NOVAS

David Vidal sobe das categorías inferiores de #ANOSACANTEIRA a dirixir aos porteiros do Fabril

26/08/2020 09:23

David Vidal (18 de febreiro de 1992) ocupará o posto de Alberto Casal como técnico porteiros do Fabril.

Desta forma, o cadro técnico do filial deportivista queda configurado ademais con Juan Carlos Valerón, Manuel Pablo (segundo adestrador) e Luis Fandiño (preparador físico).

David Vidal, licenciado en INEF e con título de adestrador de Nivel 2 entre outras titulacións, é un técnico formado en Abegondo, onde, vinculado a #ANOSACANTEIRA, desempeñou toda a súa traxectoria profesional.

Ademais do seu traballo no Fabril, seguirá sendo responsable dos porteiros dos dous equipos xuvenís: o A de División de Honra e o B da liga Nacional.