RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dépor ABANCA-Famalicão, mañá a porta pechada en Abegondo, segundo amigable da pretemporada deportivista

O Dépor ABANCA e o FC Famalicão, da primeira división portuguesa, disputan mañá sábado o que será, para o equipo de Manu Sánchez, o segundo partido amigable da pretemporada após o disputado o pasado sábado en Bembibre contra o CD Parquesol (3-0).

O equipo portugués, dirixido por João Marques (que xa se enfrontou ao Dépor ABANCA á fronte de Benfica e Sporting Braga), visitará a Cidade Deportiva de Abegondo mañá sábado 19 ás 16:00 h.

En atención aos protocolos sanitarios do CSD e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e ás autorizacións obtidas para poder disputar o partido, este xogarase a porta pechada, sen presenza de público nas bancadas do campo principal de Abegondo.

Co partido pecharase a semana de traballo do equipo branquiazul.