RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

Deportivismo en Londres

Cariño, espectación e moito deportivismo esperaban a Augusto César Lendoiro e o resto dos membros do Consello de Administración desprazados ata Londres que onte á noite visitaron a sede da Pena deportivista Super Dépor. Galegos residentes no Reino Unido,

Despois dunha visita polas instalacións da pena, onde se apreciaba o agarimo con que gardan os distintos recordos, fotos e autógrafos de membros de equipo branquiazul, Manuel Suárez, presidente da pena, e Augusto César Lendoiro tiveron palabras mutuas de agradecemento.

Manuel Suárez tivo palabras de recordo para o fundador da pena Super Dépor, Fernando, co que a emoción embargou aos presentes entre os que se atopaban a viúva e o fillo. Suárez insistiu na importancia que para a pena ten o feito de que os dirixentes do Club os visiten, para estreitar vínculos co club dos seus amores. E engadiu que aínda que en Highbury haberá o xoves mayoria de afeccionados do Arsenal, as súas voces non se ouvirán co que animaremos os 2000 seguidores branquiazuis. Augusto César Lendoiro agradeceu aos deportivistas o seu amor ás cores do Dépor e as súas atencións, tivo palabras de recordo para o fundador da pena, ao que coñeceu cando o Deportivo xogou en Uefa por primeira vez en Inglaterra ante o Aston Vila. Despois insistiu na importancia que as penas teñen para que o club sexa Grande. Tras estas breves palabras houbo un intercambio de recordos e unha simbólica entrega de recordos a aquelas persoas que colaboran coa pena, entre eles Jose Antonio Calviño, director da oficina de Caixa Galicia en Londres que colaborou con Super Dépor para a venda de mais de 1000 entradas entre os seguidores deportivistas no Reino Unido. Moito agarimo, apoio e deportivismo respirábase na sede desta pena, do mesmo xeito que o a Pena Dépor Londres con sede no Restaurante Don Pepe, onde Augusto César Lendoiro foi tamén recibido con todo o agarimo polos deportivistas que viven lonxe da Coruña.