RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Dezaseis goles branquiazuis nos dous partidos de Liga de hoxe en #ANOSACANTEIRA

Hoxe mércores 12 de setembro xogáronse 2 partidos oficiais en #ANOSACANTEIRA, ambos en Abegondo, cun claro balance de 16 goles a favor e tan só 1 en contra.

O Cadete B superou (6-1) ao Milagrosa na 2ª xornada no grupo norte da liga Galega. Foi o primeiro triunfo do conxunto branquiazul, con Mauro -2-, Trigo -3- e Nils como goleadores.

E no campo 5, o Infantil B derrotou (10-0) ao San Cristóbal na 2ª xornada da Primeira Autonómica (grupo 1º). Neste caso, Óscar, Baña -2-, Xenxo, Carballo -4-, Hodei e Rubén foron os anotadores.

Os resultados foron os seguintes:

Categoría cadete
Liga Galega, grupo norte, 2ª xornada: CADETE B 6 (Mauro -2-, Trigo -3- e Nils) - MILAGROSA 1

Categoría infantil
Primeira Autonómica, grupo 1º, 2ª xornada: INFANTIL B 10 (Óscar, Baña -2-, Xenxo, Carballo -4-, Hodei e Rubén) - SAN CRISTÓBAL 0