RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Domingos: "a afección está connosco. Hai que seguir así. Se pode ir máis xente, mellor"

Domingos Duarte asegurou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "nós nos sentimos moito mellores se ABANCA-RIAZOR está cheo".

Vaticina unha serie de 3 partidos en casa, o primeiro deles este luns 4 de marzo (21:00 horas, GOL e LaLiga 1|2|3) "complicados. Se vén moita xente para apoiarnos vai ser bo para nós. Imos a por os 3 puntos cada partido. Pero un por un, non os 3 xa".

O central portugués opina que, para que a afección se enganche ao Dépor, "temos que seguir loitando, pelexando cada partido como o estamos facendo. Imos loitar polos 3 puntos. Que nos apoien e ímolo a dar todo".

Iso si, sostén que "a afección está connosco. ABANCA-RIAZOR nunca está con pouca xente. Hai que seguir así. Se pode ir máis xente, mellor".

Apela unicamente a "problemas puntuais" para explicar os últimos empates (ante CD Tenerife ou Nàstic): "Cada partido é un mundo. Agora vén o Alcorcón. O que máis queremos é sacar os 3 puntos en ABANCA-RIAZOR".

Preguntado pola lesión de Carlos Fernández, Domingos admite que está "un pouco raiado", aínda que, iso si, subliña que "aínda pode ser moi importante para nós. Todos saben da calidade que ten Carlos e vainos a axudar moito".

O defensor deportivista atisba no horizonte a recta final: "Temos que empezar a coller ritmo, a destacarnos un pouco máis. Non queda moito pero aínda hai partidos para que poida pasar algo".

Define ao AD Alcorcón como "un equipo moi intenso, moi complicado. Ten xogadores individualmente moi bos, máis na liña ofensiva. Hai que estar ao 100% para poder gañar".