RCD / NOVAS

Dous futbolistas á marxe do grupo esta mañá

14/12/2018 15:21

Dous futbolistas (Gerard Valentín e Carlos Fernández) adestráronse esta mañá á marxe do grupo.

Realizaron con normalidade esta sesión de baixa intensidade David Simón, Diego Caballo e Fede Cartabia. Nestes dous últimos casos, os Servizos Médicos agardarán ao adestramento de mañá sábado en ABANCA-RIAZOR (11:00 horas), para saber se están a disposición de Natxo González para o partido deste domingo ante o Real Zaragoza (20:30 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV).

Podes consultar aquí o estado físico do cadro deportivista: